lunes, 30 de mayo de 2011

O bardo Avelardo

Este pasado venres 27 tivemos unha visita moi especial. Veu a estar con nós o bardo Avelardo, e contounos a historia de Vicentiño; un paxaro que quería que todos os nenos do mundo coñecesen a palabra paz.
Contounos moitas historias, cantamos fermosas cantigas e achegamonos un pouco máis ao noso folclore. Amosounos instrumentos tradicionais, e as súas historias traían mensaxes moi fermosos: coidar da natureza, querer aos amigos e axudarnos entre todos.
Moitas grazas por vir bardo Avelardo e compartir connosco a túa alegría.
Pasámolo moi ben, non hai máis que ver a nosas caras...







miércoles, 25 de mayo de 2011

Guyi Guyi

O pasado 11 de Maio os nenos das clases de 4 e 5 anos fixemos unha saída cultural moi divertida. Acudimos ao teatro a ver unha obra chamada "Guyi Guyi".

O comezo da excursión xa foi a mar de entretido pois imos en autobús facendo un concurso de cancións entre as dúas clases, pasámolo moi ben. Non sabemos cal das dúas clases gañou; pero iso é o menos importante, o mellor foi pasálo ben todos xuntos.





















Cando por fin chegamos ao teatro, e entramos no patio de butacas chamounos a atención o grande que era, a xigantesca lámpada que penduraba do teito e tamén de que ¡éramos os primeiros en chegar!. Tivemos a sorte de poder sentarnos na primeira fila e de que un periodista nos sacase unhas fotos para publicalas no periódico. Así que nós tamén quisimos sacarlle unha foto mentres o facía.
A obra teatro foi moi bonita e divertida. Contaba a historia dun cocodrilo chamado Guyi Guyi adoptado por unha familia de patos que non sabe moi ben onde pertence. Ao final dase conta que o máis importante é ser un mesmo e estar orgulloso de onde se procede, polo que decide que vai ser un "cocopato". Como estaba todo moi escuro non puidemos sacer fotos, mais dexámosvos aquí algún dos nosos debuxos para que os fagades unha idea.






miércoles, 4 de mayo de 2011

Ahí ven o Maio

Estes días celébrase en Galicia unha festa moi alegre e cunha gran tradición, xa que a súa orixe remóntase ao tempo dos celtas. Trátase da Festa dos Maios. Estamos a traballar sobre elaaprendendo cousas interesantes como que é unha festa na que se celebra a despedida doinverno,a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.
Os máis tradicionais elabóranse sobre unha estrutura con forma cónica recuberta con fiúnchos eadornada con flores, laranxas, millo, limóns...
Tradicionalmente os nenos bailaban ao redor do maio recitando unha poesía ou cantando unhacantiga adicada a ocasión.

Seguindo a costume
do ano pasado
aqui vimos todos
a cantar o Maio.
Viches ver o Maio
viches velo ben,
pois a súa cousiña
tamén vola ten.
Cantarás o Maio
e moi ben cantado
cantaralo ben
para o ano que vén.
(Popular)

Deixámosvos aquí algúns dos nosos traballos sobre os maios...