jueves, 31 de octubre de 2019

UN SAMAÍN MOI DIVERTIDO

Unha das festividades que máis lles chama a atención aos nenos de infantil é o Samaín, por iso esta semana estivemos a realizar algunhas actividades específicas para conmemoralo.

Comezamos quentando motores na clase de inglés da profe Laura, onde falamos desta festividade que nos países de fala inglesa chámase Halloween. Cantamos cancións e fixemos un divertido "calacú de halloween" coas nosas mans, que empregamos para decorar a porta do colexio.
Velaquí tedes as fotos.










Despois o alumnado trouxo ao cole calacús de verdade, decorados como a celebración require, que elaboraron na casa coa axuda das súas familias, e cos que participaron no concurso. Quedaron así de estupendos!


Ao ir a colocalas na exposición, aproveitamos para ver as que trouxeran os compañeiros doutros cursos de infantil e primaria, e de paso para falar da festividade e aprender novo vocabulario.


O martes 29 tivemos a sorte de gozar cun conto que prepararon para nos con moito agarimo dúas alumnas de quinto de educación primaria. As tres clases de infantil fomos ao recuncho do contacontos da biblioteca escolar e alí, ben caladiños e atentos, escoitamos abraiados un conto cheo de sombras aterradoras e monstruosas ... que a cada momento non resultaban ser tal!
Mirade qué atentos estabamos e qué ben o fixeron as nenas de primaria.



 Contacontos de Samaín na biblioteca escolar
 Alumnas de 5º de Educación Primaria que fixeron de contacontos



 Alumnado de tres, catro e cinco anos escoitando con atención o conto.


Quedamos tan encantados que démoslles as grazas con moito agarimo por ter sido tan boas narradoras! Encántannos estas actividades de participación do alumnado dunha etapa co doutra!


Ese mesmo día desenvolvemos as nosas habilidades plásticas na clase elaborando unha aterradora bruxa cun peiteado orixinal. Aquí tedes a mostra.



O mércores 30, as actividades de Samaín xa centraron a xornada. O corredor de infantil amenceu decorado para a ocasión con todo tipo de elementos representativos desta festividade como podedes ver nas seguintes imaxes.




Despois dunha sesión de psicomotricidade, na que en equipo vencemos a todo tipo de monstros que habitaban o "castelo embruxado" no que convertemos para a ocasión o ximnasio, e de facer unha tea de araña moi artística, realizamos una actividade de cociña en grupo elaborando unha "Torta de miñocas" que nos quedou riquísima.

Coma sempre, comezamos por limpar ben as mans e a zona de traballo, como fan os bos cociñeiros. E despois fomos falando do que iamos a facer, e presentando os diferentes utensilios e ingredientes cos que tiñamos que traballar: galletas de oreo, biscoito de chocolate, miñocas de gominola e ollos de chocolate.


Comezamos esmagando con esmero unhas galletas de oreo para facer a "terra" da nosa torta na que habitan eses vermes de gominola tan ricos.




A continuación fomos desmigando o biscoito de chocolate para ter máis terra que botar a nosa deliciosa torta.





E mesturamos a dúas "terras" con moito agarimo e delicadeza...e aguantando as ganas de chupar os dedos!







Este foi o resultado. Só quedaba evitar a tentación de comer as chuches antes de colocalas na nosa torta de miñocas.



E velaquí o resultado final! Unha deliciosa torta de Samaín elaborada entre todos, da que gozamos do mesmo modo.







Podedes facer a proba na casa, está riquísima! Comemos toda a nosa porción, e algúns mesmo repetimos, e todo a pesar de ter comido antes a merenda!

E como fin de festa, qué mellor que pintar a cara con divertidos debuxos de elementos típicos desta data e ir a pasalo ben ao photocall de Samaín? 



Alumnado de 4 anos pintado co deseño da súa elección




Pasámolo xenial! Verdadeiramente foi un Samaín ben divertido!