jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe é o Día do Libro, e queremos celebralo como merece.

Na casa, os nosos leonciños non esquecen o gusto polos contos e os libros de todo tipo co que potencian a súa imaxinación.

Por eso aquí nos presentan os seus preferidos, para felicitarnos este día tan importante no que os libros son protagonistas.




E ademáis aquí tedes algunhas sorpresas máis...

Como na clase de atención educativa estabamos a traballar as emocións, aquí vos deixamos un enlace a unha obra de teatro dun libro que de seguro coñecedes ben: "O monstro de cores", que se centra neste caso na calma que tanto precisamos estes difíciles días.

A calma: Teatro Monstro de cores: https://www.youtube.com/watch?v=I5Q8FCKPNQ0&t=447s

E neste outro vos deixamos un enlace con actividades sobre as emocións con este personaxe tan querido por todos:
https://drive.google.com/file/d/1Qh-ytJLBsFvW2FUld4iRAB2T14-fA98Q/view

Para rematar, para os nenos de 4 anos, a profe vos fixo un conto cheo de heróes, que espera que vos guste moito. Aquí o tedes a prometida SORPRESA DO DÍA DO LIBRO:




Feliz Día do Libro!




martes, 21 de abril de 2020

Servizo de videoconferencias


Prezadas familias,

Dado que a situación de confinamento estase a alongar cada vez máis, dende o cole vos invitamos a ter unha conexión máis estreita entre o profesorado, os nenos e as familias.

Para iso temos unha ferramenta nova que son as videoconferencias. Mediante este sistema os nenos poderán ver aso seus compañeir@s e aos respectivos profesores, e falar con eles, aspectos que consideramos poden ter moitas vantaxes nestes difíciles momentos.

Recibiredes unha mensaxe no ABALAR MÓVIL co día e hora de conexión e código de acceso.
Para saber qué tedes que faces vos queda aquí un vídeo explicativo.





Se precisades máis información, no seguinte enlace podedes ler de forma máis detallada o proceso de conexión dende os diferentes equipamentos electrónicos.

https://drive.google.com/file/d/1r5lPZpQltDBugUdQ_9laOf9fWgL6dBMY/view?usp=sharing

Vémonos moi pronto!

Moito ánimo e unha aperta enorme.

miércoles, 15 de abril de 2020

Periodo de confinamento. Clase de 4 anos

Para manter o espíritu de equipo que tiñamos na clase, aínda que sexa na distancia, vos propoño que fagades fotos do que ides facendo na casa para colgalas neste blog e así poder seguir "traballando xuntos" de algunha maneira, e mirando o ben que o facedes todo.

Aquí vos deixo algunhas fotos do moito que está a traballar Soufian na casa coa súa familia, para que vos animedes!


Soufian facendo plastilina caseira

Como as veces non temos plasti na casa, Soufian e a súa familia puxéron mans á obra para facela seguindo a receita que facilitamos nas tarefas da web.
Imposible non manchar un pouco, pero como ben dixo a súa nai, por estes pequenos paga todo a pena! E sempre podemos animalos a recoller igual que fan na clase!






Mirade que ben o pasaron! Incluso déronlle cor á plastilina e empregaron moldes da casa para facer formas. E o boneco quedoute xenial Soufian!! Ata ten o teu gran sorriso!

Boneco de plastilina caseira

Estes días tamén traballaron as letras cos mandalas para colorear. Mirade que bonitos quedaron!


E como Soufian é un artista, e encántalle crear cousas e facer actividades plásticas, inventaron estas divertidas marionetas! Aquí vos deixo as imaxes:




Ryan tamén está a traballar con ganas na casa. Mirade que cousas tan chulas fai!

 Traballos de Ryan 

E segue a mellorar cada vez máis a súa motricidade fina con actividades como o recorte con tixeiras, tal como nos ensina na seguinte imaxe.

Ryan recortando

Xa vedes que estes días o mellor e poñer ao mal tempo boa cara, e tentar desfrutar coas pequenas cousas que nos rodean, sobre todo coa familia, o maior tesouro que temos!

Moito ánimo a todos e seguide así! Espero as vosas fotos para compartilas e vernos de novo na distancia!

Espero poder vernos pronto. Unha aperta enorme!

lunes, 6 de abril de 2020

PERIODO DE CONFINAMENTO. CLASE DE 3 ANOS





 Durante este periodo de confinamento, os nenos e nenas da clase de 3 anos, tamén vamos a compartir traballos e actividades que estamos a facer na casa.




           Nayra enviou un montón de fotos e videos dos seus traballos. 
            
                                      Facendo grafo, formas, números... 








            Outro día...





                     


                           



                                      



                                       Moi ben Nayra!!! Que traballadora!!!

          

           Álex tamén practicando os números...






            Traballando sobre os animais da granxa dunha forma moi divertida.


                 Pintando unha granxa nun mantel de papel.   
Que boa idea!!







           E con plastilina... Vaia artistas!!!!

                               



                           
               Durante a Semana Santa recibín fotitos de Álex e Emma !!


   Nesta ocasión, Álex móstranos o ben que se lle da facer galletas. 




A verdade é que teñen moi boa pinta!! 
Estás feito todo un reposteiro!!!


Emma enviounos fotos dun montón de actividades que está a facer na casa.


Practicando formas, letras e números cos recursos dixitais de Rita.







Xenial! É moi divertido traballar coa nosa amiga Rita.

Pero tamén temos tempo de facer outras moitas cousas...

Maquillarnos e disfrazarnos



Xogar cos nosos xoguetes favoritos



Facer formas e comidiñas con plasti



Facer churros caseiros...Mmm, que ricos!!!




Hoxe recibín fotos de Mateo practicando as letras!!

Identificando "A" e "E" nas palabras e depois  rodeándoas de vermello ou verde.

Aquí practicando a súa grafía.
Moi bo traballo Mateo!!!


Nayra tamén traballando as vogais...




Fenomenal Nayra!!!!!

Onte recibín os traballos que fixo Álex esta semana.

Rita debe de estar moi contenta. Xa conseguiches as tres copas!!!!


Facendo series con plastilina e con froita...


E despois do esforzo unha rica recompensa!!!



Agora toca desenvolver a parte artística, facendo unha granxa con material de reciclaxe.



Xenial Álex!!!!!


Fotitos de Álex desta semana

Coloreando formas xeométricas

Formando palabras con letras de plastilina

Comendo as letras do meu nome feitas con mazá

Lendo "A illa do tesoro" para conmemorar o Día do Libro

Moi bo traballo Álex!!!


Esta semana tamén enviounos fotos ALEJO

Practicando o seu nome

Traballando os números

Xogando á Mariola

Xogando a "Misión imposible"

Amasando con mamá

Moi ben!!! Cantas cousas divertidas!!!!


                  Álex esta semana pintou pasta de cores e despois fixo moitas cousas con ela: colares, pulseiras, nomes...

Descansando un pouquiño despois de tanto traballo!
 Toca traballar as matemáticas

Facendo un puzzle de números

Unha aperta enorme!!