sábado, 22 de diciembre de 2012

"BO NADAL E FELIZ ANO NOVO"

A LUZ DO NADAL

Os nenos camiñan
e xogan e brincan
na rúa calada
que cobren de risas.

E inventan trouleiros
palabras de neve
que borran as penas
que a terra non quere.

Cantigas e risas
veñen anunciar
que peta na porta
a luz do Nadal.

Un nadal que amose
como vai a vida
Un nadal que cure
con paz as feridas.

Un nadal
                        que abrigue
Un nadal
                 turrón!
Un nadal
                        que acougue
Un nadal
                 canción!

           ANTONIO G.TEIJEIRO



POSTAIS DE NADAL

Postal feita polos nenos de 3 anos

Postal feita polos nenos de catro anos

Postais feitas polos nenos de 5 anos

Postais feita polos nenos de 5 anos



Despois de varios ensaios, algúns nervios e moitos esforzos, os leonciños ruxiron forte no escenario. Aí van as fotos previas e a actuación final. Disfrutádeo:


Os leonciños de tres anos
 Mar, Diego, Naiara, Iván, Lucas, Iria, Ariana
Elen, Brunella, Adrián, Pablo, Dani y Portia


Os leonciños de 4 anos.
Mª Teresa, Xiana, Rodrigo, David, Adrián, Yanira, Sabela, Elena, Inés, Tristán, Pilar, Yael, Noa
Salma, Abel, Josue,Elena, Iván, Xacobe, Yago, Jorge, Sofía y Eli
Os leonciños de 5 anos.
Julia, Pedro, Mª Paula, Mara, Arantxa, Yeray, Marcos, Luiz
Lucía, Gabriela, Luna, Hugo, Sara, Antía, Stefano
Alex, Alma, Nayeli, Adrián, Iria y Alejandro



ACTUACIÓNS
   
 
Jingle Bell Rock.
Os nenos de 3 anos.
 
En navidad turrón y mazapan.
Os nenos de 4 anos.

 
Rodolfo el reno.
Os nenos de 5 anos


 
 
 

 
 
 

.
 
 

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Ensaiando a panxoliña do nadal


Xa se sinte no ambiente, está a piques de chegar o Nadal! E nós, por suposto, xa comezamos a ensaiar a  nosa panxoliña para amosarlla o Papa Noel que nos vistará este venres. Déixovos un adianto.

CLASE DE TRES ANOS.
 
A CLASE DE 4 ANOS


A CLASE DE 5 ANOS


 
 

 

 
 
 


martes, 18 de diciembre de 2012

CUMPREANOS DE DECEMBRO

Portia a homenaxeada de 3 anos

Yeray o homenaxeado de 5 anos

Jorge e Ivan os homenaxeados de 4 anos.




Antía a homenaxeada de 5 anos


SOPRAN AS VELAS














CUMPREANOS DE NOVEMBRO

Nayeli e Pedro os homenaxeados de 5 anos.

Yanira, Abel, Sofía e Roberto os homenaxeados de 4 anos.











SOPRAN AS VELAS


 






O SAMAÍN

Na noite do Samaín os celtas puñan luces acesas dentro das caveiras dos inimigos e colocábanas nas encrucilladas e nas murallas arredor dos castros. O que querían era que os inimigos ficasen arrepiados e tamén librárense da influencia maléfica dos espíritos que esa noite andaban ceibes pola terra.
Hoxe en día aínda se celebra esta tradición tallando caveiras nas cabazas para festexar o Samaín.

A CLASE DE 3 ANOS





 A CLASE DE 4 ANOS




A CLASE DE 5 ANOS




O MAGOSTO

Xa sopra o vento
¡Chegou o momento!
Cun amplo sorriso
Regaña o ourizo
Ven Santos chuviosos
Con moitos magostos
¡As ricas castañas
quentiñas asadas!



lunes, 26 de noviembre de 2012

CUMPREANOS DE OUTUBRO


Amy a homenaxeada de 3 anos


David o homenaxeado de 4 anos.


Pilar outra das nosas homenaxeadas de 4 anos.


Arantxa que cumpriu 5 anos


Mara que tamen cumpriu 5 anos


E aquí temos a todos os protagonistas da nosa festa
Mara y Pilar


 
 
 

 
 

SETEMBRO LAPIS E LIBROS NOVOS, VOLTA AO COLE, VÉMONOS ALÍ!



CUMPREANOS DE SETEMBRO 
Comenzamos o novo curso escolar celebrando os aniversarios dos nenos de setembro.
¡¡¡Moitas felicidades!!!

                                 
Os homenaxeados de tres anos:
Mar, Lucas, Dani y Elen



Os homenaxeados de cinco anos:
Evan e Lucía

 SOPRAN AS VELAS






 









jueves, 22 de noviembre de 2012

OS LEONCIÑOS 2012-2013

Aínda que comezamos o blog cun chisco de retraso, xa estamos aquí os Leonciños! Este ano prometemos ruxir ben forte ¡GRRRRRRRRRRRRRR!.

jueves, 19 de julio de 2012

VISITAMOS O ZOO

No mes de Maio marchamos de excursión ao zoo. Pasámolo de medo ademáis de aprender un montón de cousas sobre os animais. Tivemos a oportunidade de tocar o corno dun muflón e dun cervo, e tamén pelo de oso. Pero non vos asustedes papis, porque estaba dentro dunha bolsiña. Teiveránllo que cortar a o oso para poñerlle unha inxección, como nos contou a monitora, porque puxérase enfermo con todo o que lle deron de comer os visitantes de zoo. Con isto aprendemos a importancia de non darlle de comer aos animais, de respetar as normas xa que non están postas por capricho senon para evitar males maiores.
En definitiva pasamos un día moi especial en compañía dos nosos compañeiros e mestras, xogamos o escondite cos tigres que non querían que os vesemos e o pavo real fíxinos un baile de benvida. Experiencias como esta, poucas hai na vida...¡e hai que aproveitalas!


Todos na fila mentres nos explicaban as normas da visita. ¡Mirade que atentos!

O pavo real facéndonos un baile para recibirnos...

Tocando un corno de muflón, xa que se lles cae coma a pel cando lle crecen os cornos...


Tocando un corno de cervo.


Xogando ao escondite cos tigres...

¡Os osos estaban en plena sesta!

A monitora contándonos a historia do oso enfermiño, dentro da bolsiña está o pelo.

O pelo do oso...