O pasado 18 de Novembro celebramos todos xuntos o Magosto no patio do cole posto que debido as inclemencias do tempo non puidemos ir a celebralo ao monte, como facemos todos os anos. Tivemos o noso tempo de lecer cos amigos, comimos castañas e participamos todos xuntos desta bonita tradición. Queremos compartir convosco este día para que vexades o ben que o pasamos.
![]() |
Apañando castañas da cesta, había quen as comía ao ladiño para non ter que desprazarse moi lonxe |
![]() |
Así quedou a cesta cando rematamos con ela. |

![]() |
Desfrutando cos amigos... |
![]() |
A mestra Elena pintandonos a cara... |
![]() |
aínda que non foi a única que o fixo |
![]() |
Todos desfrutamos destes pequenos momentos... |
No hay comentarios:
Publicar un comentario