Hoxe tocounos "limpar" a pranta de amorodos que temos. Esto quere dicer que tivemos que sacarlle as malas herbas e as ramiñas secas para que a pranta poida adicar toda a súa enerxía as novas follas e as fresas. A verdade e que a pobre tiña mal aspecto....
|
Pobriña... daba mágoa. |
Asi pois puxémonos a traballar para deixala ben coidadiña. Cando rematamos regámola ben con auga para que se recuperase e contamos as fresas que nos vai dar na próxima colleita. Sabedes cómo poidemos sabelo, pois polo número de flores...cada unha das flores convertirase en amorodos; e imos ter nada máis e nada menos que 13 amorodos. ¡Xa se nos fai a boca auga!.
|
Limpando a nosa prantiña |
|
Unha boa ración de auga |
|
Asi foi como quedou cando rematamos e poidedes ver todo o que lle quitamos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario