miércoles, 29 de febrero de 2012

Todos xuntos... ¡construímos un tipi!

Os nenos da clase de tras anos estamos aprendendo moitas cousas sobre a cultura indio-americana. E como cando algo nos interesa metémonos a fondo con el, puxémonos mans a obra e fixemos o noso poblado indio, con tipi, totem e fogata incluída.
 Primeiro pintamos as bases para o noso tipi...
 A continuación, engadimoslle os adornos con papel e estampamos a nosas mans para decoralo.
Demostrando como, querendo e con unha boa organización, podemos traballar todos xuntos (oraganizáronse eles distribuíndose libremente para traballar...increible!)


 Despois tocoulle o turno ao totem, mentres secaba o tipi. Como estamos traballandoo sobre o corpo conmoitas actividades (ver entrada anterior) aproveitamos para falar e profundizar nas diferentes expresións faciais de sentimentos; deste xeito o noso totem ten unha cara triste, unha anoxada, outra alegre...e outra de águila porque esta última está na maioría dos totems reais...

 E por último, pero non menos importante, fixemos unha fogata de papel para que nos manteña o poblado ben quentiño...

 Aquí vos deixamos unha foto do noso fántástico tipi. O que máis nos gusta é ter que pasar por dentro para entrar na aula, e tamén ver coma algúns "maiores" tense que agachar para poder entrar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario