jueves, 19 de julio de 2012

GRADUACIÓN

    Por fin chegou o día.Rematamos o curso e rematamos unha etapa:Infantil.¡Xa non somos pequenos!
    Foron tres anos que compartimos cos vosos fillos e con vós. Anos cheos de sonrisas, de frases elocuentes, de enfados, de pelexas, de clases ca "teacher, ficher, picher", de obras de teatro, de cancións, de bailes, de tutorías , de disfraces, de números, da princesita " i "......un largo etcétera difícil de resumir neste párrafo.
   Queremos darvos as grazas por a vosa confianza durante estes anos e a vosa colaboración incluso para vir a cortar dúas toneladas de cartón (non nos esquecemos, xamáis o facemos). Para todos nos remata unha etapa, unha etapa fermosísima; pero comeza outra nova excitante, sorprendente e seguro que igual de fermosa. ¡¡Ánimo e por ela!!. Nos seguiremos aquí para o que queirades, sabedes onde atoparnos. E nos sabemos que subindo un andar teremos por ahí aos vosos fillos, aínda que xa non serán máis "os nosos nenos".
   Aquí tendes as fotos da GRADUACIÓN. Desculpádenos pola tardanza das publicacións no blog e pola calidade dalgunhas fotos (foron nervios do directo)
NORABOA GRADUADOS¡¡UNHA GRAN APERTA¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario