O pasado venres 21 de novembro fomos de visita ao Museo do Mar. Levabamos toda a semana moi emocionados coa excursión e por fin chegou o gran día.
Todos en ringleira e caladiños para subir ao autobús.
No autobús co cinto ben posto e ben sentadiños.
Chegamos ao Museo do Mar. Tivemos que agardar a que os monitores nos viñeran buscar.
Bufff, ¡Canto tardan!
De visita polo acuario, onde había una morea de peixes: robalizas, mexilóns... e ata un tiburón.
Tempo agora para pescar peixes e baleas, coma se fósemos capitáns dun barco.
E, por último, fomos ver o esquelete dun cachalote que estaba pendurado do teito.
E despois de tantas aventuras... de volta para o colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario