A obra trataba do fantástico mundo dos animais que habitan nos contos de Perrault, Grimm, Alfonso X O Sabio... e outros contistas do mundo. Tamén é a música de Bach, Mozart e Brahms que xorde máxica e alegre das cordas do violín.
Sobre o escenario, un músico e unha actriz dan vida a moreas de personaxiños por medio da danza, o xesto e o ritmo. A súa incrible fauna está fabricada con materiais reciclados do máis insospeitado: paraugas, pinzas, pratos, zapatillas... Obxectos que, doutro xeito, terían rematado tristemente no lixo e que outorgan a este xesto de reutilizar e reciclar unha bonita ensinanza.
SENTADIÑOS ESPERANDO QUE COMECE A OBRA
ALGUNS ANACOS DA OBRA
DE VOLTA O COLE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario