martes, 21 de abril de 2020

Servizo de videoconferencias


Prezadas familias,

Dado que a situación de confinamento estase a alongar cada vez máis, dende o cole vos invitamos a ter unha conexión máis estreita entre o profesorado, os nenos e as familias.

Para iso temos unha ferramenta nova que son as videoconferencias. Mediante este sistema os nenos poderán ver aso seus compañeir@s e aos respectivos profesores, e falar con eles, aspectos que consideramos poden ter moitas vantaxes nestes difíciles momentos.

Recibiredes unha mensaxe no ABALAR MÓVIL co día e hora de conexión e código de acceso.
Para saber qué tedes que faces vos queda aquí un vídeo explicativo.





Se precisades máis información, no seguinte enlace podedes ler de forma máis detallada o proceso de conexión dende os diferentes equipamentos electrónicos.

https://drive.google.com/file/d/1r5lPZpQltDBugUdQ_9laOf9fWgL6dBMY/view?usp=sharing

Vémonos moi pronto!

Moito ánimo e unha aperta enorme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario