miércoles, 13 de mayo de 2020

Período de confinamento II. Traballos de 5 anos.

Comezamos esta nova entrada no blog cos traballos de María. 
Cada día traballades mellor, nótase que pronto subireis a Primaria😢😢


Moito ánimo rapaces e rapazas, estades a traballar fenomenal.

Onte, Juan atopou unha carta para todos vós e para min.
É unha carta de Sara Machado.


Estou moi contento xa que era a única coa que non tiña un contacto directo.😍

Tamén Hugo Pérez está a traballar xenial. A estos rapaces e rapazas non lle vai custar moito primaria se seguen a traballar desta maneira.






Bravo por estes rapaces e rapazas tan traballadores.

María está a traballar moi ben. Cada día escribe máis clariño.👌


Hugo Pérez tamén mandou os traballos da semana e qué podo dicir?? que está todo súper bien.👍





Moi bo traballo rapaces e rapazas.

Outra semana máis Hugo mándanos os seus traballos





Moi ben Hugo estás a traballar súper ben. E noraboa, agora xa eres o irmán maior. 😍

Xa vai rematando este curso tan raro e sigo recibindo traballos






qué bo traballo Hugo Pérez, noraboa.

lunes, 11 de mayo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: CLASE DE 3 ANOS




Ola a todos e todas!
Como aínda non podemos vernos no cole, vos animo a seguir compartindo fotos e videos do que facedes na casa. De esta maneira nos sentiremos máis cerca hasta que podamos xuntarnos de novo.


ÁLEX esta semana facendo as propostas que cada luns colgamos na páxina web do cole.


Amosando o weather watcher que propuso a teacher Laura!

Xogando na tablet cos conceptos básicos.

E como hai tempo para todo, Álex tamén é pintor de brocha gorda!!


Así me gusta Álex, que ben o fas!! E ademáis coa canción da Gallina Turuleca👏👏👏


 Unha das propostas desta semana era elaborar os nosos propios instrumentos musicais con materiais de reciclaxe e Álex así o fixo. Creou unhas maracas, un pau de choiva e unha frauta de pan. As maracas foron o seu intrumento favorito!!

As maracas

Frauta de pan

Pau de choiva

Moitos bicos para todos!!

Álex realizando as fichas de liveworksheets.


E como a mellor maneira de aprender é xogando, practica as letras con pezas de lego.

 

E constrúe o seu nome cos bloques.

Que divertido é traballar así!!

Ana animouse a mandarnos a súa "Árbore da familia" que foi a proposta que fixemos para celebrar o "Día da Familia"


Que bonito recordo, encántame!!

 Álex realizou unha actividade na que traballou un montón de cousas (motricidade fina, coordinación óculo-manual, figuras xeométricas, números, letras...), combinando varias das actividades propostas para esta semana.

Cosendo con corda as figuras feitas con goma eva
Pintando con bastoncillos letras e números nas caras das figuras

Xenial Álex, moi boa idea!!!👌

Facendo grafo e o seu nome

Facendo fichas de liveworksheets

Esta semana os nenos e nenas puideron recoller no cole os libros e o material que quedou sin facer ao comezar esta pandemia. Seguro que a todos fíxolles moita ilusión ver de novo os seus libros e poder facelos aínda que sexa na casa. Para eles é como volver un pouco máis a normalidade. Pouco a pouco o conseguiremos!!


Álex xogando cos animais da granxa para dedos 

Desfrutando da coroa de cumpreanos que non puido facer no seu día😃



Que fondo do mar máis chulo con cangrexos e peixes feitos con cunchas!!




sábado, 9 de mayo de 2020

Seguimos a traballar na casa: clase de 4 anos

Pouco a pouco van pasando os días e con eles achégase o momento de estar xuntos de novo. Pero mentres iso ocorre, os leonciños de catro anos seguen a traballar na casa coas propostas que cada luns colgamos na páxina web do cole.

Angelina e Simón estiveron a practicar a escritura cos nomes dos animáis, e mirade qué ben o fan!





Tamén recortaron e repasaron as partes do corpo. Moi ben feito rapaces! Cada día o facedes mellor!

Angelina e Simón traballando o esquema corporal
Nesta semana proveitaron para tomar un pouco o sol e xogar a debuxar a sombra dun fantástico boneco articulable feito na casa con papel de aluminio. Pasárono en grande cambiando as posturas do seu boneco, experimentando coa luz e debuxando. Xenial rapaces! Sodes uns artistas!

Debuxando sombras dun boneco de papel aluminio

Hoxe tocou practicar o trazo, e aproveitando que comezou maio que é o mes das flores, qué mellor que practicar facendo unha fermosa flor cos pétalos diferentes!

Practicando grafismo nos pétalos dunha flor

Soufian tamén estivo traballando moito, e facendo moitas cousas divertidas en familia, como cociñar ou plantar lentellas e garabanzos. Bravo! Así da gusto Soufian! Ademáis de mellorar cada día, es un gran cociñeiro! Ten todo unha pinta estupenda! E ese gran sorriso ilumina toda a cociña.

Soufian traballando e gozando na casa

Estes días os nosos leonciños andiveron tamén arranxando as trastadas do monstro comeletras que temos en clase, que sempre nos quita letras das palabras e zámpaas! Pero nunca gaña porque este alumnado sempre consegue devolvelas ao sitio. Fenomenal!

Investigando qué letras robou o monstro comeletras

Nesta semana tocou xogar un pouco coas formas. Entre outras cousas, os nosos cativos fixeron unha flor con círculos e óvalos, formaron figuras co Tangram caseiro que fabricaron e practicaron a grafomotricidade facendo puntillismo en papel de cociña. Todos uns campións! Aquí vos deixo unha mostra do ben que traballan!





A pasada semana estivemos a traballar conceptos sobre a primavera dunha forma globalizada. Empregámola como fío condutor para facer numerosas actividades, entre elas grafomotricidade, e simetrías de elementos desta estación. E o noso alumnado segue a traballar na casa con entusiasmo e facéndoo cada vez mellor! Parabéns a todos, nenos e familias polo voso traballo! Nótase o agarimo que lle poñedes no excelente resultado.




Co ben que traballa este alumnado da gusto! Seguide así campións! Espero que nos poidamos ver moi moi pronto! Moitos bicos