Angelina e Simón estiveron a practicar a escritura cos nomes dos animáis, e mirade qué ben o fan!
![]() |
![]() |
Tamén recortaron e repasaron as partes do corpo. Moi ben feito rapaces! Cada día o facedes mellor!
![]() |
Angelina e Simón traballando o esquema corporal |
![]() |
Debuxando sombras dun boneco de papel aluminio |
Hoxe tocou practicar o trazo, e aproveitando que comezou maio que é o mes das flores, qué mellor que practicar facendo unha fermosa flor cos pétalos diferentes!
![]() |
Practicando grafismo nos pétalos dunha flor |
Soufian tamén estivo traballando moito, e facendo moitas cousas divertidas en familia, como cociñar ou plantar lentellas e garabanzos. Bravo! Así da gusto Soufian! Ademáis de mellorar cada día, es un gran cociñeiro! Ten todo unha pinta estupenda! E ese gran sorriso ilumina toda a cociña.
![]() |
Soufian traballando e gozando na casa |
Estes días os nosos leonciños andiveron tamén arranxando as trastadas do monstro comeletras que temos en clase, que sempre nos quita letras das palabras e zámpaas! Pero nunca gaña porque este alumnado sempre consegue devolvelas ao sitio. Fenomenal!
![]() |
Investigando qué letras robou o monstro comeletras |
Nesta semana tocou xogar un pouco coas formas. Entre outras cousas, os nosos cativos fixeron unha flor con círculos e óvalos, formaron figuras co Tangram caseiro que fabricaron e practicaron a grafomotricidade facendo puntillismo en papel de cociña. Todos uns campións! Aquí vos deixo unha mostra do ben que traballan!
![]() |
A pasada semana estivemos a traballar conceptos sobre a primavera dunha forma globalizada. Empregámola como fío condutor para facer numerosas actividades, entre elas grafomotricidade, e simetrías de elementos desta estación. E o noso alumnado segue a traballar na casa con entusiasmo e facéndoo cada vez mellor! Parabéns a todos, nenos e familias polo voso traballo! Nótase o agarimo que lle poñedes no excelente resultado.
Co ben que traballa este alumnado da gusto! Seguide así campións! Espero que nos poidamos ver moi moi pronto! Moitos bicos
No hay comentarios:
Publicar un comentario