sábado, 31 de octubre de 2020

Un Samaín diferente

Este venres día 30 de outubro, aproveitando a proximidade da festividade do Samaín galego (o Halloween dos países de fala inglesa) quixemos celebrar a data dun xeito especial e diferente, adaptándonos aos novos protocolos anti-Covid. 

Que non podemos facer murais en papel?...non importa, é ben divertido pintar as ventás con motivos desta festividade, e qué ben o pasamos facéndoo,! Aínda que este grupo é tan responsable que lles tiven que insistir de que podíamos facelo (coa promesa de que a profe limparía os cristais) porque o seu primeiro pensamento foi que lle iamos dar máis traballo ao persoal de limpeza. Para comelos a bicos!😍


Alumnado de 5 anos decorando os cristais das xanelas

E así de ben quedaron, xunto a outros elementos decorativos que puxemos na clase.


Que non podemos traer as cabazas decoradas da casa para facer a nosa tradicional exposición de calacús? Pois tampouco quedamos sen elas. Fixémolas con plastilina ao tempo que traballamos a expresión facial e corporal. E así quedou a nosa exposición.


Como vedes quedaron aterradoras. Tivemos cabazas monstruosas, cabazas rá, como a de Ryan que sacaba a lingua para coller insectos, e por suposto este ano non podía faltar a cabaza coronavirus, que foi obra de Safiya. Aquí a tedes.


Tamén aproveitamos a ocasión para traballar a psicomotricidade ambientada no Samaín, para contar un conto dunha gran cabaza, para bailar a canción da escoba da bruxa, facer o traballo artístico "Vigo na noite de Samaín" relacionado co noso proxecto, e por suposto, para comer lambetadas de chocolate. 

Aquí vos deixo estes enlaces por se vos apetece recordar en familia estes días de ponte,  contidos traballados no cole.






FELIZ SAMAÍN!




No hay comentarios:

Publicar un comentario