Hello!
Como prometimos, aquí nos atopamos para contar as novas fedelladas de Fred!
Fred chegou o 1 de decembro e ata día de hoxe traballou e fixo trastadas sen descanso, non vos creades que houbo días de vacacións para el, pois durante a ponte de decembro marchou a casa da teacher Ainoa e cada día fixo algo novo...
O primeiro semellaba moi tranquiliño pasando un rato agradable tumbado nunha... MASCARILLA NAVIDEÑA!!
Xa despois do descanso, decidiu comezar a traballar e fixo uns preciosos adornos de arcilla para os pequenos de 3 años
E por último un biscoito de laranxa, que por certo, quedoulle boísimo!
Na volta da ponte decorou a porta da nosa clase e seica tivo algún que outro problemiña, pois como vedes quedou pegado 😁
Xogou cos minions ao twister...
E nunha das súas voltas do North Pole aterrizou na árbore de Nadal do cole 👀
No outro día xogou co seu "Ferrari"
E colgouse dos calcetíns de Nadal que fixemos en clase de inglés
Tamén comezou o countdown para o día de Nadal...
E convidou o cole a George, o chef persoal de Santa. Xunto a el cociñaron toda a noite unhas fermosas chocolatinas que os nenos e nenas levaron para casa. De seguro estaban riquísimas!
E como xa traballaran moito a mañán seguinte chegaron un pouquiño tarde o cole, seica atoparon atasco na volta do North Pole! Así que o chegar a clase, George mais Fred prepararon un bo picnic.
Por último, aquí temos a Helena, Breo; Alex, Nayra, Dylan, Ana e Mateo con George e Fred.
Estamos a disfrutar moito da visita de Fred, é unha mágoa que o martes teña que marchar de volta co seu xefe, Santa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario