A LUZ DO NADAL
Os nenos camiñan
e xogan e brincan
na rúa calada
que cobren de risas.
E inventan trouleiros
palabras de neve
que borran as penas
que a terra non quere.
Cantigas e risas
veñen anunciar
que peta na porta
a luz do Nadal.
Un nadal que amose
como vai a vida
Un nadal que cure
con paz as feridas.
Un nadal
que abrigue
Un nadal
turrón!
Un nadal
que acougue
Un nadal
canción!
ANTONIO G.TEIJEIRO
POSTAIS DE NADAL
| Postal feita polos nenos de 3 anos |
| Postal feita polos nenos de catro anos |
| Postais feitas polos nenos de 5 anos |
| Postais feita polos nenos de 5 anos |
Despois de varios ensaios, algúns nervios e moitos esforzos, os leonciños ruxiron forte no escenario. Aí van as fotos previas e a actuación final. Disfrutádeo:
| Os leonciños de tres anos Mar, Diego, Naiara, Iván, Lucas, Iria, Ariana Elen, Brunella, Adrián, Pablo, Dani y Portia |
| Os leonciños de 4 anos. Mª Teresa, Xiana, Rodrigo, David, Adrián, Yanira, Sabela, Elena, Inés, Tristán, Pilar, Yael, Noa Salma, Abel, Josue,Elena, Iván, Xacobe, Yago, Jorge, Sofía y Eli |













