jueves, 19 de julio de 2012

VISITAMOS O ZOO

No mes de Maio marchamos de excursión ao zoo. Pasámolo de medo ademáis de aprender un montón de cousas sobre os animais. Tivemos a oportunidade de tocar o corno dun muflón e dun cervo, e tamén pelo de oso. Pero non vos asustedes papis, porque estaba dentro dunha bolsiña. Teiveránllo que cortar a o oso para poñerlle unha inxección, como nos contou a monitora, porque puxérase enfermo con todo o que lle deron de comer os visitantes de zoo. Con isto aprendemos a importancia de non darlle de comer aos animais, de respetar as normas xa que non están postas por capricho senon para evitar males maiores.
En definitiva pasamos un día moi especial en compañía dos nosos compañeiros e mestras, xogamos o escondite cos tigres que non querían que os vesemos e o pavo real fíxinos un baile de benvida. Experiencias como esta, poucas hai na vida...¡e hai que aproveitalas!


Todos na fila mentres nos explicaban as normas da visita. ¡Mirade que atentos!

O pavo real facéndonos un baile para recibirnos...

Tocando un corno de muflón, xa que se lles cae coma a pel cando lle crecen os cornos...


Tocando un corno de cervo.


Xogando ao escondite cos tigres...

¡Os osos estaban en plena sesta!

A monitora contándonos a historia do oso enfermiño, dentro da bolsiña está o pelo.

O pelo do oso...

COÑEZO O MEU NOME

Como ben sabedes todos os pais e nais de tres anos, este ano estivemos aprendendo moitas letras usando como eixo motivador o nome propio. Fixémolo de miles, bueno sen exaserar centos, de maneiras distintas: Co corpo, na pizarra, con coches, con tapas de rotus, con plasti, con pintura de dedos, con paliños, con pezas, con cordeles...Aquí temos as poucas fotos que conseguín atopar, son moi poucas mais é mellor que nada...¡desfrutádeas!




 





VISITANOS LOLA, O HAMSTER...

Durante a unidade didáctica dos animais tivemos unha visita moi especial no cole. Víu a visitarnos Lola, o hamster da familia da mestra Elena. Puidemos xogar con ela, ver como comís onde durmía, como tiña os dentes e como lle gustan os nenos. Ademáis contaronnos moitas cousas interesantísimas sobre os hamsters como que son nocturnos e recolectores. Tramán aprendimos palabras novas como "abazón" que é como os nosos mofletes pero os hamsters os teñen moito máis grandes para transportar moita comida nun mesmo viaxe. Tamén vimos como corría dentro da súa boliña de exercicios, pero o que máis nos gustou (coma sempre) foi tocala. Aquí podedes ver cómo foi...

Habíaos moi valentes...

Aos que non lles gustaba demasiado...

Os que estaban encantados...

Moi bonito si, pero mellor de lonxe...

Os que o tomaron coma o máis natural do mundo...

E os intrépidos que hasta querían collela cas máns...En fin ¡de todo un pouco!

GRADUACIÓN III

Bueno, e aquí temos a última tanda de fotos. das fotos de grupo tedes dúas opcións para que escolledes a que máis vos guste.

GRADUACIÓN II

Non nos collían todas as fotos nunha entrada por que ocupan demasiado. Aqui tendes algunha das que faltaban...que aínda quedan.

GRADUACIÓN

    Por fin chegou o día.Rematamos o curso e rematamos unha etapa:Infantil.¡Xa non somos pequenos!
    Foron tres anos que compartimos cos vosos fillos e con vós. Anos cheos de sonrisas, de frases elocuentes, de enfados, de pelexas, de clases ca "teacher, ficher, picher", de obras de teatro, de cancións, de bailes, de tutorías , de disfraces, de números, da princesita " i "......un largo etcétera difícil de resumir neste párrafo.
   Queremos darvos as grazas por a vosa confianza durante estes anos e a vosa colaboración incluso para vir a cortar dúas toneladas de cartón (non nos esquecemos, xamáis o facemos). Para todos nos remata unha etapa, unha etapa fermosísima; pero comeza outra nova excitante, sorprendente e seguro que igual de fermosa. ¡¡Ánimo e por ela!!. Nos seguiremos aquí para o que queirades, sabedes onde atoparnos. E nos sabemos que subindo un andar teremos por ahí aos vosos fillos, aínda que xa non serán máis "os nosos nenos".
   Aquí tendes as fotos da GRADUACIÓN. Desculpádenos pola tardanza das publicacións no blog e pola calidade dalgunhas fotos (foron nervios do directo)
NORABOA GRADUADOS¡¡UNHA GRAN APERTA¡¡

Caixón desastre

Estimados pais, dado que durante o curso fixosenos moi complicado manter o blog todo o actualizado que nos gustaría (como xa vos dixemos montóns de veces) decidimos que aínda que estamos de vacacións tíñamos que facervos partícipes de todas aquelas cousas grandes e pequenas que se nos forón quedando atrás. Fotos que cando as precisabamos non as atopábamos, actividades que por mor de algunha que outra enfermidade da mestra quedaron sen explicar no blog e sen que as puidades coñecer...Tende por seguro que aínda así quedarán cousas atras, mas nas entradas do mes de xullo teredes o que foi aparecendo...