miércoles, 29 de febrero de 2012

Agora tocanos ser indios!

Como xa fixemos o noso tipi agora tocanos convertirnos en indios. Para elo fixémonos uns colares como os que eles utilizaban...con moitos abalorios diferentes. Ademáis fixemos as plumas dos idios, os colares non os podíamos levar para casa pero as plumas si...e ademáis pintamos a cara coma os indios de verdade.Mirade!


Pintando as nosas plumas...

Somos a tribu dos Papeliños...






E que ben se nos vía sair a todos cas nosas plumas de dentro do noso tipi.... Parecíamos unha auténtica tribu india...
Saíndo do noso tipi parecíamos unha auténtica tribu india.


Todos xuntos... ¡construímos un tipi!

Os nenos da clase de tras anos estamos aprendendo moitas cousas sobre a cultura indio-americana. E como cando algo nos interesa metémonos a fondo con el, puxémonos mans a obra e fixemos o noso poblado indio, con tipi, totem e fogata incluída.
 Primeiro pintamos as bases para o noso tipi...
 A continuación, engadimoslle os adornos con papel e estampamos a nosas mans para decoralo.
Demostrando como, querendo e con unha boa organización, podemos traballar todos xuntos (oraganizáronse eles distribuíndose libremente para traballar...increible!)


 Despois tocoulle o turno ao totem, mentres secaba o tipi. Como estamos traballandoo sobre o corpo conmoitas actividades (ver entrada anterior) aproveitamos para falar e profundizar nas diferentes expresións faciais de sentimentos; deste xeito o noso totem ten unha cara triste, unha anoxada, outra alegre...e outra de águila porque esta última está na maioría dos totems reais...

 E por último, pero non menos importante, fixemos unha fogata de papel para que nos manteña o poblado ben quentiño...

 Aquí vos deixamos unha foto do noso fántástico tipi. O que máis nos gusta é ter que pasar por dentro para entrar na aula, e tamén ver coma algúns "maiores" tense que agachar para poder entrar.


Feliz Cumpreanos (Febreiro)

Un mes máis, e para algúns un ano máis. Que non é o mesmo ter 4 que 5, nin 5 que 6, nin 3 que 4 eh! non vos vaiades pensar...que estas son cousas moi importantes e dignas de celebración, sobretodo se é cos amigos.
Unha vez máis, aínda que nos repitamos, (pero e que todos son especiais...) deixámosvos aquí as fotos do cumple de Febreiro para que as vexades en familia, que seguro que a máis dunha ovoa, tia, prima ou amiga incluso faille ilusión ver a cara do neno no seu cumple no cole ¡claro que si!. Desfrutádeas! (aínda que no sexan moi boas...)
Mirade que cariñas dos homenaxeados: Lucía, Gabriela, Xacobe e Noa ¡Felicidades!


Os bocatas coménos...pero e que os gusanitos voan!


E como non o video das velas, e non vexades que tarta caseira nos trouxo Noa, non quedou dela nin a sombra. E mira que era ben grande!

¡Celebramos a Paz!

Durante a derradeira semana de xaneiro moitas das actividades xiraban en torno á Paz. De xeito que os nenos tomasen conciencia da importancia de convivir cos demáis sen pelexar e dunha maneira cooperativa.
Cada ano dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase "Día da Paz e da Non Violencia", en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, o home que cas súas accións de non violencia conseguiu a independencia da India e foi asasinado o mesmo día de 1948.
Os nenos de educación infantil queremos ensinarvos diferentes traballos que fixemos en torno a este tema: a nosa pombiña para a "rúa da paz 2012", aprender as letras e forman a palabra paz, así como algunha poesía e un adorno para a nosa casa. Agardámos que vos gusten.
A nosa pombiña reamatada, e nos sentados ao redor "facendo un corazón".
 Pasámolo bomba facendo a pompa cas espumas máxicas que se pegan con auga.... e esforzámonos moito en que non quedasen buratos...porque ademáis eramos moi pouquiños en clase. Na foto de arriba aparecemos todos os que eramos na aula ese día.




Ademáis tamén fixemos outras actividades e participamos na ceremonia de "solta de globos" con mensaxes de Paz para todo o mundo...
Escribimos PAZ con plasti

Soltamos os globos cos nosos mensaxes de paz para o mundo

Fixemos un adorno para a nosa casa.
Agardamos que todo este traballo, contribua (un pouquiño) a que os adultos do mañá construan un mundo mellor.

Feliz Cumpreanos (xaneiro)

Como todos sabedes, rematando o mes de Xaneiro tivemos moitos problemas ca saúde dos nosos alumnos. Un virus diezmou as aulas por uns días. Por este motivo celebramos os cumples de xaneiro un pouquiño máis tarde, ¡non tíñamos cumpleañeiros! (incluso algún coitado quedou sen podelo celebrar...). A ilusión non faltou e as gans de pasalo ben tampouco.Coma sempre deixámosvos as fotos e o video das velas. Tivemos un problema co video...A mestra sacouno en vertical e non o podemos xirar....pero menos da unha pedra. Polo menos o aproveitamos...
Os homenaxeados: Jose Luis, Rodrigo e Yeray  ¡Felicidades!


Nesa boca xa non cabían máis patacas...

As cariñas falan por si soas...

Desculpas

Debido a un mes axetreado debido aos carnavais, a un virus que "arrasaou" cas aulas, como ben sabedes, e a diversos problemas técnicos durante o mes de febreiro non puidemos ofrecervos novas entradas. Por isto, pedímosvos desculpas. Se ben non creades que non hai material... preparádevos!