sábado, 31 de octubre de 2020

Un Samaín diferente

Este venres día 30 de outubro, aproveitando a proximidade da festividade do Samaín galego (o Halloween dos países de fala inglesa) quixemos celebrar a data dun xeito especial e diferente, adaptándonos aos novos protocolos anti-Covid. 

Que non podemos facer murais en papel?...non importa, é ben divertido pintar as ventás con motivos desta festividade, e qué ben o pasamos facéndoo,! Aínda que este grupo é tan responsable que lles tiven que insistir de que podíamos facelo (coa promesa de que a profe limparía os cristais) porque o seu primeiro pensamento foi que lle iamos dar máis traballo ao persoal de limpeza. Para comelos a bicos!😍


Alumnado de 5 anos decorando os cristais das xanelas

E así de ben quedaron, xunto a outros elementos decorativos que puxemos na clase.


Que non podemos traer as cabazas decoradas da casa para facer a nosa tradicional exposición de calacús? Pois tampouco quedamos sen elas. Fixémolas con plastilina ao tempo que traballamos a expresión facial e corporal. E así quedou a nosa exposición.


Como vedes quedaron aterradoras. Tivemos cabazas monstruosas, cabazas rá, como a de Ryan que sacaba a lingua para coller insectos, e por suposto este ano non podía faltar a cabaza coronavirus, que foi obra de Safiya. Aquí a tedes.


Tamén aproveitamos a ocasión para traballar a psicomotricidade ambientada no Samaín, para contar un conto dunha gran cabaza, para bailar a canción da escoba da bruxa, facer o traballo artístico "Vigo na noite de Samaín" relacionado co noso proxecto, e por suposto, para comer lambetadas de chocolate. 

Aquí vos deixo estes enlaces por se vos apetece recordar en familia estes días de ponte,  contidos traballados no cole.






FELIZ SAMAÍN!




domingo, 25 de octubre de 2020

Cómo maduramos!

Sen dúbida os nenos e nenas son un gran exemplo para todos. Xa desde o inicio do curso demostraron que pese aos difíciles momentos que nos tocou vivir nos meses pasados, non so foron capaces de levar mellor que os adultos o confinamento, senon que se adaptaron magnificamente e con gran responsabilidade ás rutinas e protocolos de seguridade do cole neste curso.
E cómo maduraron neste tempo! Neste mes demostraron as enormes ganas que tiñan de vir ao cole, de estar cos compañeiros e compañeiras, de xogar e de seguir aprendendo, sempre cun sonriso e esa curiosidade e entusiasmo que lles caracteriza. Pero tamén amosaron nos seus xogos as ganas que teñen de gañar ao virus, como podedes ver nestes videos:






Como vedes a súa imaxinación non ten límites!

A súa madurez nótase á hora de traballar os contidos. Estamos a traballar cun proxecto sobre Vigo, e mirade qué ben o pasan localizandoo no mapa e construindo o seu perfil da cidade:


Tamén gozan do traballo da lectoescritura, co que están entusiasmados aprendendo todas as letras e os sons da nosa língua, partindo do máis coñecido como son os seus nomes e os dos compañeiros e compañeiras, para ir avanzando letra a letra, como podedes ver nas seguintes imaxes.





.
E así xogamos e imos aprendendo cos sons que forman as palabras. Pasámolo xenial!






Están traballando moi ben, e son un gran equipo! Estade atentos que vos iremos amosando máis sobre o noso día a día.