domingo, 28 de mayo de 2017

VISITAMOS O LABORATORIO

O pasado xoves, os nosos leonciños foron de excursión coa profe Ana o laboratorio onde observaron una morea de cousas.


A clase de 4 anos facéndose una foto con este amigo que esta nos osos.


 
 
 
Tamén puideron ver o ciclo da vida das rás.
 
 



Os leonciños da clase de 3 anos.

Os leonciños da clase de 5 anos.

lunes, 22 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.
 
A semana pasada os nosos leonciños fixeron distintas actividades para traballar o día das letras galegas que este ano adicouse a Carlos Casares que marcou un punto de inflexión na historia da literatura infantil en Galicia coa tradución ao galego da famosa obra ‘O principiño’, do francés Antoine de Saint-Exupéry.
 
Entre todas as clases de infantil pintamos o seu nome para que lucira na entrada do colexio. 







O venres fomos o patio con todo o colexio para festexar o día de Carlos Casares por todo o alto.
Entre infantil e algúns nenos de primaria recitamos a poesía da Galiña Azul.

 
Todo sentadiños para escoitar os nosos compañeiros




 
 
Os compañeiros de infantil que recitaron a poesía, aínda que a aprendimos todos os leonciños.







 

domingo, 7 de mayo de 2017

Un marcapàxinas da clase de inglés

O outro día na clase de inglés os leonciños fixeron uns orixinales marcapáxinas para celebrar a semana do libro.




martes, 2 de mayo de 2017

SEMANA DO LIBRO

Algo estábase a preparar na biblioteca, que estaba moi decorada.


 
 
A Semana pasada co gallo do Día do libro, dende a Biblioteca do colexio houbo una sesión de contacontos a cargo dos nenos da ESO.
 
 


O conto elexido foi a obra maestra o Principiño que a parte de ser un conto para nenos e unha obra fantástica e emocionante chea de filosofía e metáforas. O principiño foi traducido a 180 linguas e dialectos, incluíndo o galego por Carlos Casares (escritor o que se lle adica este ano o día das Letras Galegas)
 
 
 
COLOCÁNDONOS PARA ESCOITAR O CONTO
 





 
ESCOITANDO O CONTO
 
Frase do Principiño. "Todas as persoas maiores foron ao principio nenos. (Aínda que poucas delas o recordan)."
 
 

 
A ROSA A MELLOR AMIGA DO PRINCIPIÑO 
 
Frase do Principiño: "Non se debe nunca escoitar ás flores. Só se deben contemplar e ulir. A miña perfumaba o meu planeta, pero eu non era capaz de alegrarme diso."

Frase do Principiño."Non se ve ben senón co corazón; o esencial non é visible ós ollos"
 
SAUDANDO A ROSA
 


 
 
E TAMÉN TÍÑAMOS O BAOBAB, ERA A ÁRBORE QUE AMENAZABA CON DESTRUÍR O PLANETA DO PRINCIPIÑO.
 
 


 
Ó REMATAR O CONTO E COA AXUDA DOS NENOS DA ESO, PINTAMOS UNHAS ESTRELAS E AS FOLLAS DO BAOBAB PARA DECORAR A BIBLIOTECA.
 
Frase do Principiño: "E de que che serve posuír as estrelas? -Sérveme para ser rico. -E de que che serve ser rico? -Sérveme para comprar máis estrelas"






Frase do Principiño:" Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que, algún día, cada un poida encontrar a súa."