lunes, 22 de mayo de 2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.
 
A semana pasada os nosos leonciños fixeron distintas actividades para traballar o día das letras galegas que este ano adicouse a Carlos Casares que marcou un punto de inflexión na historia da literatura infantil en Galicia coa tradución ao galego da famosa obra ‘O principiño’, do francés Antoine de Saint-Exupéry.
 
Entre todas as clases de infantil pintamos o seu nome para que lucira na entrada do colexio. 







O venres fomos o patio con todo o colexio para festexar o día de Carlos Casares por todo o alto.
Entre infantil e algúns nenos de primaria recitamos a poesía da Galiña Azul.

 
Todo sentadiños para escoitar os nosos compañeiros




 
 
Os compañeiros de infantil que recitaron a poesía, aínda que a aprendimos todos os leonciños.







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario