Algo estábase a preparar na biblioteca, que estaba moi decorada.
A Semana pasada co gallo do Día do libro, dende a Biblioteca do colexio houbo una sesión de contacontos a cargo dos nenos da ESO.
O conto elexido foi a obra maestra o Principiño que a parte de ser un conto para nenos e unha obra fantástica e emocionante chea de filosofía e metáforas. O principiño foi traducido a 180 linguas e dialectos, incluíndo o galego por Carlos Casares (escritor o que se lle adica este ano o día das Letras Galegas)
COLOCÁNDONOS PARA ESCOITAR O CONTO
ESCOITANDO O CONTO
Frase do Principiño. "Todas as persoas maiores foron ao principio nenos. (Aínda que poucas delas o recordan)." |
A ROSA A MELLOR AMIGA DO PRINCIPIÑO
Frase do Principiño: "Non se debe nunca escoitar ás flores. Só se deben contemplar e ulir. A miña perfumaba o meu planeta, pero eu non era capaz de alegrarme diso." |
Frase do Principiño."Non se ve ben senón co corazón; o esencial non é visible ós ollos" |
SAUDANDO A ROSA
E TAMÉN TÍÑAMOS O BAOBAB, ERA A ÁRBORE QUE AMENAZABA CON DESTRUÍR O PLANETA DO PRINCIPIÑO.
Ó REMATAR O CONTO E COA AXUDA DOS NENOS DA ESO, PINTAMOS UNHAS ESTRELAS E AS FOLLAS DO BAOBAB PARA DECORAR A BIBLIOTECA.
Frase do Principiño: "E de que che serve posuír as estrelas? -Sérveme para ser rico. -E de que che serve ser rico? -Sérveme para comprar máis estrelas" |
Frase do Principiño:" Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que, algún día, cada un poida encontrar a súa."
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario