miércoles, 25 de enero de 2012

Aprendemos sobre o corpo

      Os nenos da clase de 3 anos estamos a levar a cabo un proxecto do corpo, polo que moitas das actividades que realizamos xiran ao redor deste tema. Ditas actividades son moi variadas e xa vos iremos poñendo de vez en cando algunhas delas. Se tedes algún conto, xogo ou material interesante sobre o tema que querades compartir con nós non dubidedes en falar conmigo. De momento, deixámosvos aquí unha pequena mostra dalgunhas das cousas que fixemos...
      Pensamos entre todos como escribir o nome dunha determinada parte do corpo ao mesmo tempo que falamos sobre ela (para que serve, cantas temos...) e despois intentan escribir eles a palabra debaixo.

      Traballamos os grandes segmentos corporais (tronco, cabeza e brazos) a través dunha personaxe peculiar, dando pe tamén á chegada do inverno e a importancia dunha vestimenta adecuada. Neste caso as pernas trabállanse por omisión, e decir, falamos do motivo polo que Copo non ten pernas; xa que é un boneco de neve. Ademáis, Copo e un traste e de cando en vez "aparece" mal montado e temos que volver a colocalo ben (xa que ten velcro...). ¿A que se adicará este boneco cando non estamos no cole?

     
      Descubrimos a importancia de manterse sáns e de acudir ao médico sen medos. Para iso a mestra "pediulle prestado a un médico" un maletín con instrumentos para curar aos nosos amigos e aos nosos bonecos. Mentres averiguamos e falamos para que serven estos instrumentos, socializámonos e xogamos xuntos...




     E outras tantas nas que a mestra despistase ou non pode coller a cámara... pero en fin pouco a pouco engadireivos máis xa que están moi motivados para seguir traballando sobre este tema; e aínda nos quedan actividades moi interesantes e moitas máis cousas que aprender.

Traballando na horta

    Hoxe tocounos "limpar" a pranta de amorodos que temos. Esto quere dicer que tivemos que sacarlle as malas herbas e as ramiñas secas para que a pranta poida adicar toda a súa enerxía as novas follas e as fresas. A verdade e que a pobre tiña mal aspecto....

Pobriña... daba mágoa.
Asi pois puxémonos a traballar para deixala ben coidadiña. Cando rematamos regámola ben con auga para que se recuperase e contamos as fresas que nos vai dar  na próxima colleita. Sabedes cómo poidemos sabelo, pois polo número de flores...cada unha das flores convertirase en amorodos; e imos ter nada máis e nada menos que 13 amorodos. ¡Xa se nos fai a boca auga!.
Limpando a nosa prantiña

Unha boa ración de auga
Asi foi como quedou cando rematamos
e poidedes ver todo o que lle quitamos