jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAÍN

Durante toda a semana estivemos a facer bruxas, morcegos e pantasmas terroríficas; todo polo SAMAÍN.
 
 
 

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase a recuperar de novo co traballo realizado nas escolas, nos concellos e en distintos colectivos de Galicia.
 
A noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, é dicir, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos do mundo dos mortos e visitan as casas das súas familias para se quentar e tomar algo de alimento.
 

Comezamos o luns co Concurso de cabazas arrepiantes. Os nenos e nenas do colexio fixeron uns impresionantes calacús.
 
 
A mesa preparadiña para recibir os calacús.

Ups! A mesa quedou pequena.


Outra mesa para máis calacús.









 
E o mércores pintamos a cara coma se fósemos monstros e aprendimos unha canción de Samaín.
 




 
 
 
Canción de Samaín
 
 
 
Finalmente, aquí abaixo tedes un conto que vén moi ben para este día, por se queredes velo cos vosos nenos.
 
"Corre, corre cabaciña"
 
 
 
Desde Educación Infantil queremos mostrar o noso máis sincero agradecemento pola exitosa participación no concurso de cabazas.
 
¡Moitas grazas!
 
 
 
 





 

 

A NOSA ÁRBORE DE OUTONO.


lunes, 14 de octubre de 2013

O CULLARAPO CROQUE

Hoxe visitounos no colexio Miguel Ángel Alonso para contarnos o conto "O CULLARAPO CROQUE". Un fermoso conto que ten cantigas, poesías e unhas impresioantes ilustracións.
 
 
 
Fomos onde estaba Miguel Ángel e nos preparamos para escoitar a historia.
 


 Miguel Ángel que coma el se define unha persoa que sempre viste barba e zapatillas de deporte. Comeza a contarnos a historia. ¡Todos moi atentos! 

 
 Este e Croque.

 Tocamos as palmas de distintos xeitos. O mais importante era non facer ruido.

 
 
 
 
O gato Pío Pío.
 
 
Outra vez Croque.
 
 Aquí tocounos caminar coma o noso amigo Croque
 
 Ó final tocounos bailar cada vez máis rápido.

 
Déixovos un enlace do video onde o autor e a ilustradora falan de como xurdiu "O CULLARAPO CROQUE".  http://vimeo.com/45182883
 
 
 
 


jueves, 10 de octubre de 2013

Una clase de inglés coa teacher.

Os nosos leonciños máis pequenos xa tiveron varias clases de inglés coa teacher ou "chica Hello" como lle chamou algún.

Nas primeiras sesións fixeron os "feet prints", tocou colorear os pes de colores.


 
 



 
 
Despois de pintar os pes tocaba a seguinte actividade "Feet print walk". Así que a sacar os zapatos que tocaba camiñar polas pegadas.
 
 
Aquí temos o noso "Feet print walk"