martes, 29 de noviembre de 2011

O Magosto

O pasado 18 de Novembro celebramos todos xuntos o Magosto no patio do cole posto que debido as inclemencias do tempo non puidemos ir a celebralo ao monte, como facemos todos os anos. Tivemos o noso tempo de lecer cos amigos, comimos castañas e participamos todos xuntos desta bonita tradición. Queremos compartir convosco este día para que vexades o ben que o pasamos.
Apañando castañas da cesta, había quen as comía ao ladiño para non ter que desprazarse moi lonxe
Así quedou a cesta cando rematamos con ela.





Desfrutando cos amigos...



A mestra Elena pintandonos a cara...
aínda que non foi a única que o fixo

Todos desfrutamos destes pequenos momentos...









Adiviña...

Os nenos de tres anos propoñémosvos unha adiviña. Gustounos tanto que fixemos un mural con ela para decorar o corredor do centro e engadimos algunha pistiña para que a poidades adiviñar. Ahí vai...

Son de color chocolate
ábrense coa calor
e se as metes no forno
estoupan con grande sabor.

Adiviñades?
Primeiro pintamos as "pistas"...



Despois pegámolas na adiviña...


E xa a temos lista

Sen esquecernos de coidar o medio ambente reciclando os pais que sobraban.

Así de bonita luce no corredor.

lunes, 28 de noviembre de 2011

Outono, Otoño, Autumn

Parece que chegou,non sí?
Outono:O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.Na sociedade tradicional galega "outono" tamén é o nome que recibe o mes de outubro.

Pois esta é a definición que nos da o Galipedia.Pero para nós,os pequenos,o Outono leva consigo o Magosto,as follas verdes,amarelas,marróns,vermellas,as árbores case núas,o frío,a choiva,o vento....e asi o representamos nos nosos traballos, contamos contos sobre el e incluso falamos da roupa que debemos utilizar.Velaquí tedes unhas fotos para que vexades.







domingo, 30 de octubre de 2011

O Samaín

      O Samaín é unha festividade de orixe celta que foise popularizando tamén en América Latina e que ten orixes moi antigos. Fai 3000 anos nos pobos celtas de Europa, entre eles en Galicia, Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o Aninovo, que para eles iniciábase co cambio de estación e da colleita.
        Os celtas crian que nesa noite a separación entre o mundo dos vivos e dos mortos desaparecía e que a véspera de Samaín as almas dos mortos regresaban a visitar fogares terreais.Para manter a estes espíritos contentos e aloxar aos malos dos seus fogares os celtas deixaban comida ou doces á beira da porta.
      Despois os cristiáns pensaron que os celtas adoraban o diaño, aínda que este nunca existíu na relixión céltica. Daquelas determinouse que a maneira de converter aos celtas ao cristianismo era adoptando o festival dos celtas e convertendoo nun cristián. Así o primeiro de Samaín converteuse na día de Todos os Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés.
      O rexurdimento do Samaín débeselle ao profesor Rafael López Loureiro, que traballou para que a vila de Cedeira sexa coñecida por esta celebración, decana de todas as que apareceron a raíz desta iniciativa. A celebración do Samaín en Galicia nunca perdeuse de todo, polo tanto debese considerar coma unha herdanza da nosa cultura.
       Por este motivo durante esta semana pasada os nenos de Educación Infantil traballamos esta festividade de modo globalizado e a través de diversas actividades das cales deixámosvos aquí unha pequena mostra.
(Fonte: Wikipedia)
Os nenos da clase de 3 anos pintamos unha pantasma para adornar o corredor.

Todos traballamos en inglés o Halloween e fixemos xogos, cancións e manualidades. 
   


           
            E todos elaboramos algo especial para levar para casa o venres...

Os nenos da clase de 3 anos fixemos unha careta de cabaza.

Os nenos da clase de 4 anos fixemos unha careta de  pantasma e os nenos de 5 anos fixemos á bruxa Tapita, de que tamén aprendimos a súa canción.

¡Feliz Cumpreanos!

Os homenaxeados...David, Javier, Pilar, Mara, Arantxa, Dylan e José Carlos
      Este venres celebramos os cumples de David, Javier, Pilar, Mara, Arantxa, Dylan y Jose Carlos. ¡Moitas Felicidades!. Todos xuntos fixemos unha estupenda merendola da que non quedou nin a sombra. En fin aquí deixámosvos as fotos desta vez non son moi boas posto que son moitos e sempre hai algún que se move...
Primeiro, coma sempre, comendo o bocadillo


Aínda que o que máis apeteza sexan as lambetadas...


Pero o máis importante e desfrutar cos amigos...




E despois do bocata... as trapalladas!
       E non podía faltar a tarta...e a canción!


jueves, 27 de octubre de 2011

A nosa primeira colleita

     O pasado 13 de Outubro fixemos unha visita a horta. E por fín, puidemos desfrutar dos froitos do noso traballo. Comezamos coma sempre collendo as nosas regadeiras e enchéndoas de auga para poder regar a nosa queridiña pranta de amorodos.

     De seguido entramos na horta para regar e... ¡atopámonos con 6 amorodos!. Polo que decidimos recollelos para poder desfrutar deles.



      ¡Que boa pinta tiñan! ¡Cómo arredencían...!


Cando chegou a hora da merenda, lavámolos ben con auga ... 

...e a desfrutar deles...







Compartindo e con ilusión 6 amorodos dan para moito...


martes, 4 de octubre de 2011

Máis vale tarde que nunca...

¡Xa estamos aquí!. Despois dun Setembro moi atarefado comezamos de novo a nosa andanza no blog.
Temos un curso por diante que compartir e moitas e emocionantes novedades que contarvos. Por exemplo, este ano estreamos un proxecto que, co traballo de todos, agardamos saia ben. ¡Imos ter horta!.
Estamos a preparar un espacio novo para os nenos de infantil e para todos os que nos queiran axudar. Imos aprender moitas cousas na horta sobre as prantas e as verduras... e ímolo aprender xuntos posto que é unha experiencia nova para todos, incluídas as mestras.
Polo momento a nosa primeira "inquilina" é unha planta de amorodos, que por certo xa recolectamos e probamos entre todos (ou case) e están boísimos...


En fin, benvidos todos e collede carreiriña que alá imos...

miércoles, 6 de julio de 2011

Ímos a praia de Cesantes.

O pasado 17 de Xuño visitamos a praia de Cesantes para xogar xuntos, e celebrar que remataba o curso. Se ben o día parecía non acompañar, non nos deixamos amolar e fomos decididos a pasalo ben. Aínda que ao final tivemos que dar unha pequena carreira para merendar debaixo das árbores e volver ao cole antes do previsto, non nos arrepentimos de ir posto que pasámolo de medo.
Agardemos que o ano que ven o sol queira acompañarnos un pouquiño.


E aquí unhas pouquiñas fotos...