miércoles, 29 de febrero de 2012

Feliz Cumpreanos (Febreiro)

Un mes máis, e para algúns un ano máis. Que non é o mesmo ter 4 que 5, nin 5 que 6, nin 3 que 4 eh! non vos vaiades pensar...que estas son cousas moi importantes e dignas de celebración, sobretodo se é cos amigos.
Unha vez máis, aínda que nos repitamos, (pero e que todos son especiais...) deixámosvos aquí as fotos do cumple de Febreiro para que as vexades en familia, que seguro que a máis dunha ovoa, tia, prima ou amiga incluso faille ilusión ver a cara do neno no seu cumple no cole ¡claro que si!. Desfrutádeas! (aínda que no sexan moi boas...)
Mirade que cariñas dos homenaxeados: Lucía, Gabriela, Xacobe e Noa ¡Felicidades!


Os bocatas coménos...pero e que os gusanitos voan!


E como non o video das velas, e non vexades que tarta caseira nos trouxo Noa, non quedou dela nin a sombra. E mira que era ben grande!

¡Celebramos a Paz!

Durante a derradeira semana de xaneiro moitas das actividades xiraban en torno á Paz. De xeito que os nenos tomasen conciencia da importancia de convivir cos demáis sen pelexar e dunha maneira cooperativa.
Cada ano dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase "Día da Paz e da Non Violencia", en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, o home que cas súas accións de non violencia conseguiu a independencia da India e foi asasinado o mesmo día de 1948.
Os nenos de educación infantil queremos ensinarvos diferentes traballos que fixemos en torno a este tema: a nosa pombiña para a "rúa da paz 2012", aprender as letras e forman a palabra paz, así como algunha poesía e un adorno para a nosa casa. Agardámos que vos gusten.
A nosa pombiña reamatada, e nos sentados ao redor "facendo un corazón".
 Pasámolo bomba facendo a pompa cas espumas máxicas que se pegan con auga.... e esforzámonos moito en que non quedasen buratos...porque ademáis eramos moi pouquiños en clase. Na foto de arriba aparecemos todos os que eramos na aula ese día.




Ademáis tamén fixemos outras actividades e participamos na ceremonia de "solta de globos" con mensaxes de Paz para todo o mundo...
Escribimos PAZ con plasti

Soltamos os globos cos nosos mensaxes de paz para o mundo

Fixemos un adorno para a nosa casa.
Agardamos que todo este traballo, contribua (un pouquiño) a que os adultos do mañá construan un mundo mellor.

Feliz Cumpreanos (xaneiro)

Como todos sabedes, rematando o mes de Xaneiro tivemos moitos problemas ca saúde dos nosos alumnos. Un virus diezmou as aulas por uns días. Por este motivo celebramos os cumples de xaneiro un pouquiño máis tarde, ¡non tíñamos cumpleañeiros! (incluso algún coitado quedou sen podelo celebrar...). A ilusión non faltou e as gans de pasalo ben tampouco.Coma sempre deixámosvos as fotos e o video das velas. Tivemos un problema co video...A mestra sacouno en vertical e non o podemos xirar....pero menos da unha pedra. Polo menos o aproveitamos...
Os homenaxeados: Jose Luis, Rodrigo e Yeray  ¡Felicidades!


Nesa boca xa non cabían máis patacas...

As cariñas falan por si soas...

Desculpas

Debido a un mes axetreado debido aos carnavais, a un virus que "arrasaou" cas aulas, como ben sabedes, e a diversos problemas técnicos durante o mes de febreiro non puidemos ofrecervos novas entradas. Por isto, pedímosvos desculpas. Se ben non creades que non hai material... preparádevos!

miércoles, 25 de enero de 2012

Aprendemos sobre o corpo

      Os nenos da clase de 3 anos estamos a levar a cabo un proxecto do corpo, polo que moitas das actividades que realizamos xiran ao redor deste tema. Ditas actividades son moi variadas e xa vos iremos poñendo de vez en cando algunhas delas. Se tedes algún conto, xogo ou material interesante sobre o tema que querades compartir con nós non dubidedes en falar conmigo. De momento, deixámosvos aquí unha pequena mostra dalgunhas das cousas que fixemos...
      Pensamos entre todos como escribir o nome dunha determinada parte do corpo ao mesmo tempo que falamos sobre ela (para que serve, cantas temos...) e despois intentan escribir eles a palabra debaixo.

      Traballamos os grandes segmentos corporais (tronco, cabeza e brazos) a través dunha personaxe peculiar, dando pe tamén á chegada do inverno e a importancia dunha vestimenta adecuada. Neste caso as pernas trabállanse por omisión, e decir, falamos do motivo polo que Copo non ten pernas; xa que é un boneco de neve. Ademáis, Copo e un traste e de cando en vez "aparece" mal montado e temos que volver a colocalo ben (xa que ten velcro...). ¿A que se adicará este boneco cando non estamos no cole?

     
      Descubrimos a importancia de manterse sáns e de acudir ao médico sen medos. Para iso a mestra "pediulle prestado a un médico" un maletín con instrumentos para curar aos nosos amigos e aos nosos bonecos. Mentres averiguamos e falamos para que serven estos instrumentos, socializámonos e xogamos xuntos...




     E outras tantas nas que a mestra despistase ou non pode coller a cámara... pero en fin pouco a pouco engadireivos máis xa que están moi motivados para seguir traballando sobre este tema; e aínda nos quedan actividades moi interesantes e moitas máis cousas que aprender.

Traballando na horta

    Hoxe tocounos "limpar" a pranta de amorodos que temos. Esto quere dicer que tivemos que sacarlle as malas herbas e as ramiñas secas para que a pranta poida adicar toda a súa enerxía as novas follas e as fresas. A verdade e que a pobre tiña mal aspecto....

Pobriña... daba mágoa.
Asi pois puxémonos a traballar para deixala ben coidadiña. Cando rematamos regámola ben con auga para que se recuperase e contamos as fresas que nos vai dar  na próxima colleita. Sabedes cómo poidemos sabelo, pois polo número de flores...cada unha das flores convertirase en amorodos; e imos ter nada máis e nada menos que 13 amorodos. ¡Xa se nos fai a boca auga!.
Limpando a nosa prantiña

Unha boa ración de auga
Asi foi como quedou cando rematamos
e poidedes ver todo o que lle quitamos



sábado, 31 de diciembre de 2011

Preparando a escenografía

Este ano, pola festa de Nadal, os nenos de infantil preparamos unha obra de teatro, e a os nenos de 4 anos encargáronnos a elaboración dos escenarios e do atrezzo necesario para a obra, estivemos moi atarefados preparando todo para o día da festa. Aquí os deixamos algunhas fotos para que vos fagades unha idea...





Todos xuntos creamos...¡O trono para Papá Noel!

Os nenos da clase de tres anos estivemos moi atarefados neste mes, posto que recibimos un encargo moi especial. Construir un trono nin máis nin menos que para Papá Noel, que viría a visitarnos o día da festa. ¡Non sabedes a ilusión que nos fixo!. Total, puxémonos a traballar todos xuntos.
Primeiro pintamos a estructura, despois os adornos, ata lle puxemos un respaldo moi brandiño de algodón... e ao final quedounos un trono moi xeitosiño.








Tan ben nos quedou que Papá Noel viu ata a nosa clase a darnos unhas chuches de premio. Sen embargo estabamos tan contentos e nos movíamos tanto que non temos moitas "probas gráficas" deste momento, mais si que os podemos ensinar as chuches que trouxo, souberon a gloria...



 







viernes, 30 de diciembre de 2011

A ARBORIÑA DE VILAFONTE

Este é un documento insólito onde podemos ver aos actores entre bambalinas e afinando a voz.Son os ensaios da obra que interpretamos na festa do Nadal.