sábado, 30 de junio de 2012

CUMPREANOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO




Como xa vestes,  chegou a derradeira festa de cumpreanos do curso, e como celebramos tamén os dos meses de verán tivemos nada máis e nada menos que 19 nenos e nenas de cumpreanos. Xa que era o derradeiro estabamos todos moi nerviosos pero ca mesma ilusión de todos os meses. Houbo un montón de bocadillos e dúas tartas para lamber os dedos. Tíñamos ata xeado, que coma non puidemos comer, quedaron para merendar o luns seguinte, e que bo estaba ca calor que facía...Deixámosvos aquí as fotos para que as disfrutedes.
De la clase de tres cumplían Josué, Xiana, Salma, Teresa, Yael, Adrián, Elena Armas y Elisabeth

Cumplían 5 añitos Julia, Adrián Caamaño, Luna, Alejandro, Maximino y Adrián Rodríguez.

Y los grandullones Raquel, Yolanda, Caín, Aroa y Tiago




Adimtámoslo: todos lo hemos hecho...

Algúns xa tomaban posiciones cómodamente sentados a carón dos gusanitos...





Menudo ambientillo...

martes, 1 de mayo de 2012

SEMANA DO LIBRO




ADIVIÑA ADIVIÑA

Teño follas sin ser árbore
fáloche sen ter voz
se me abres non me queixo
adiviña quen son.                 




Este ano foron os profes do primeiro ciclo de primaria os encargados de elaborar as actividades da commemoracion do Día do Libro,ese obxecto que nos enriquece tanto e que lévanos a bucear entre aventuras e historias.
Como primeira actividade, propuxéronnos que os nenos trouxeran a clase os seus contos favoritos.Desta maneira podian explicarnos porque lle gustaban tanto,quen llos agasaira,cales eran as suas personaxes etc.

Pedro e Alex miran xuntos un libro,e
abaixo en clase de 5 "escoitando a un 
compañeiro.
Arancha trouxo "¿Cómo se hace el arcoiris?



Antía (abaixo )e Iria (arriba) fálannos dos seus contos. 





Aqui temos a Arancha narrando o seu libro

Ademais,por clases fixemos distintos manualidades como marcapáxinas,un bloc de contos eun libro cas poesias aprendidas durante este curso.
Os marcapáxinas de Papeliños en 3 anos
Yeray e Abel moi atentos ás explicacións da profe.


 E tamen fomos a aula da pizarra dixital para coñecer outras formas de contar un conto.A profe Maria ensinounos como é un conto en sombras chinescas e ademais estivemos vendo na pizarra contos interactivos.Foi moi divertido¡.
Vista panorámica dos nenos.
Lucia moi contenta ca actividade.


domingo, 29 de abril de 2012

ANIVERSARIOS DE ABRIL

Xa a piques de rematar o mes,amosámosvos como foron os cumples de Abril,mes de choivas e choivas,e por certo,moi solicitado para cumplir.Os afortunados foron: Yeray e Sabela de 3 anos(agora catro),Hugo ,Marcos e María Paula de 4 anos (agora cinco) e Martin, Abraham e Sara de 5 anos (agora seis).Tivemos duas baixas, que foron Hugo e Marcos.Coma sempre,pasámolo moi ben.Desfrutamos da tarta de Pocoyo e de bocatas  e lambonadas varias.Rematamos a festa coa peli de Toy Story 2, da cal nos quedou un anaco por ver.Aqui tendes fotos da celebración.PARABENS¡¡


A Abraham  e a Juan Luis collímolos "in fraganti"


Qué bonita é a amizade¡






Os afortunados de esquerda a dereita:Yeray, Abraham,Martín,Sabela,Mª Paula e Sara.

Aínda que chegou un pouco máis tarde, aquí tedes o video das velas...


martes, 17 de abril de 2012


CUMPLES DE MARZO

































Ainda que esteamos en Abril,non nos esquecemos dos cumples do mes de Marzo,somentes chegamos un pouco tarde.Aqui estan as fotos dos aniversarios deste mes,onde Yago,Inés,Iria e Noa, desfrutaron do seu día compartindoo cos demais compañeiros.A tarta estaba espectacular,e non sobrou nada de nada, ao igual que os bocatas,tan ben preparados polas nosas nais.


Faltou a profe Elena,xa que un virus chamado varicela atacouna de cheo, e estivo convalecente durante dúas semanas.Así que contamos con Aldina,quen estivo cos nenos de tres ata as vacacións de Semana Santa.


Moitas felicidades rapaces¡
















miércoles, 29 de febrero de 2012

Agora tocanos ser indios!

Como xa fixemos o noso tipi agora tocanos convertirnos en indios. Para elo fixémonos uns colares como os que eles utilizaban...con moitos abalorios diferentes. Ademáis fixemos as plumas dos idios, os colares non os podíamos levar para casa pero as plumas si...e ademáis pintamos a cara coma os indios de verdade.Mirade!


Pintando as nosas plumas...

Somos a tribu dos Papeliños...






E que ben se nos vía sair a todos cas nosas plumas de dentro do noso tipi.... Parecíamos unha auténtica tribu india...
Saíndo do noso tipi parecíamos unha auténtica tribu india.


Todos xuntos... ¡construímos un tipi!

Os nenos da clase de tras anos estamos aprendendo moitas cousas sobre a cultura indio-americana. E como cando algo nos interesa metémonos a fondo con el, puxémonos mans a obra e fixemos o noso poblado indio, con tipi, totem e fogata incluída.
 Primeiro pintamos as bases para o noso tipi...
 A continuación, engadimoslle os adornos con papel e estampamos a nosas mans para decoralo.
Demostrando como, querendo e con unha boa organización, podemos traballar todos xuntos (oraganizáronse eles distribuíndose libremente para traballar...increible!)


 Despois tocoulle o turno ao totem, mentres secaba o tipi. Como estamos traballandoo sobre o corpo conmoitas actividades (ver entrada anterior) aproveitamos para falar e profundizar nas diferentes expresións faciais de sentimentos; deste xeito o noso totem ten unha cara triste, unha anoxada, outra alegre...e outra de águila porque esta última está na maioría dos totems reais...

 E por último, pero non menos importante, fixemos unha fogata de papel para que nos manteña o poblado ben quentiño...

 Aquí vos deixamos unha foto do noso fántástico tipi. O que máis nos gusta é ter que pasar por dentro para entrar na aula, e tamén ver coma algúns "maiores" tense que agachar para poder entrar.


Feliz Cumpreanos (Febreiro)

Un mes máis, e para algúns un ano máis. Que non é o mesmo ter 4 que 5, nin 5 que 6, nin 3 que 4 eh! non vos vaiades pensar...que estas son cousas moi importantes e dignas de celebración, sobretodo se é cos amigos.
Unha vez máis, aínda que nos repitamos, (pero e que todos son especiais...) deixámosvos aquí as fotos do cumple de Febreiro para que as vexades en familia, que seguro que a máis dunha ovoa, tia, prima ou amiga incluso faille ilusión ver a cara do neno no seu cumple no cole ¡claro que si!. Desfrutádeas! (aínda que no sexan moi boas...)
Mirade que cariñas dos homenaxeados: Lucía, Gabriela, Xacobe e Noa ¡Felicidades!


Os bocatas coménos...pero e que os gusanitos voan!


E como non o video das velas, e non vexades que tarta caseira nos trouxo Noa, non quedou dela nin a sombra. E mira que era ben grande!