
Este é o noso recuncho. Un lugar onde amosar parte das actividades que realizamos nas nosas aulas, onde proporcionar outra visión da nosa realidade e onde pretendemos proporcionarvos recursos interesantes para os pequenos. Un recuncho para todos os que nos queiran visitar. ¡Benvidos!
jueves, 19 de julio de 2012
COÑEZO O MEU NOME
Como ben sabedes todos os pais e nais de tres anos, este ano estivemos aprendendo moitas letras usando como eixo motivador o nome propio. Fixémolo de miles, bueno sen exaserar centos, de maneiras distintas: Co corpo, na pizarra, con coches, con tapas de rotus, con plasti, con pintura de dedos, con paliños, con pezas, con cordeles...Aquí temos as poucas fotos que conseguín atopar, son moi poucas mais é mellor que nada...¡desfrutádeas!


VISITANOS LOLA, O HAMSTER...
Durante a unidade didáctica dos animais tivemos unha visita moi especial no cole. Víu a visitarnos Lola, o hamster da familia da mestra Elena. Puidemos xogar con ela, ver como comís onde durmía, como tiña os dentes e como lle gustan os nenos. Ademáis contaronnos moitas cousas interesantísimas sobre os hamsters como que son nocturnos e recolectores. Tramán aprendimos palabras novas como "abazón" que é como os nosos mofletes pero os hamsters os teñen moito máis grandes para transportar moita comida nun mesmo viaxe. Tamén vimos como corría dentro da súa boliña de exercicios, pero o que máis nos gustou (coma sempre) foi tocala. Aquí podedes ver cómo foi...
![]() |
| Habíaos moi valentes... |
![]() |
| Aos que non lles gustaba demasiado... |
![]() |
| Os que estaban encantados... |
![]() |
| Moi bonito si, pero mellor de lonxe... |
![]() |
| Os que o tomaron coma o máis natural do mundo... |
![]() |
| E os intrépidos que hasta querían collela cas máns...En fin ¡de todo un pouco! |
GRADUACIÓN III
Bueno, e aquí temos a última tanda de fotos. das fotos de grupo tedes dúas opcións para que escolledes a que máis vos guste.
GRADUACIÓN II
Non nos collían todas as fotos nunha entrada por que ocupan demasiado. Aqui tendes algunha das que faltaban...que aínda quedan.
GRADUACIÓN
Por fin chegou o día.Rematamos o curso e rematamos unha etapa:Infantil.¡Xa non somos pequenos!
Foron tres anos que compartimos cos vosos fillos e con vós. Anos cheos de sonrisas, de frases elocuentes, de enfados, de pelexas, de clases ca "teacher, ficher, picher", de obras de teatro, de cancións, de bailes, de tutorías , de disfraces, de números, da princesita " i "......un largo etcétera difícil de resumir neste párrafo.
Queremos darvos as grazas por a vosa confianza durante estes anos e a vosa colaboración incluso para vir a cortar dúas toneladas de cartón (non nos esquecemos, xamáis o facemos). Para todos nos remata unha etapa, unha etapa fermosísima; pero comeza outra nova excitante, sorprendente e seguro que igual de fermosa. ¡¡Ánimo e por ela!!. Nos seguiremos aquí para o que queirades, sabedes onde atoparnos. E nos sabemos que subindo un andar teremos por ahí aos vosos fillos, aínda que xa non serán máis "os nosos nenos".
Aquí tendes as fotos da GRADUACIÓN. Desculpádenos pola tardanza das publicacións no blog e pola calidade dalgunhas fotos (foron nervios do directo)
NORABOA GRADUADOS¡¡UNHA GRAN APERTA¡¡
Caixón desastre
Estimados pais, dado que durante o curso fixosenos moi complicado manter o blog todo o actualizado que nos gustaría (como xa vos dixemos montóns de veces) decidimos que aínda que estamos de vacacións tíñamos que facervos partícipes de todas aquelas cousas grandes e pequenas que se nos forón quedando atrás. Fotos que cando as precisabamos non as atopábamos, actividades que por mor de algunha que outra enfermidade da mestra quedaron sen explicar no blog e sen que as puidades coñecer...Tende por seguro que aínda así quedarán cousas atras, mas nas entradas do mes de xullo teredes o que foi aparecendo...
sábado, 30 de junio de 2012
CUMPREANOS DE XUÑO, XULLO E AGOSTO
Como xa vestes, chegou a derradeira festa de cumpreanos do curso, e como celebramos tamén os dos meses de verán tivemos nada máis e nada menos que 19 nenos e nenas de cumpreanos. Xa que era o derradeiro estabamos todos moi nerviosos pero ca mesma ilusión de todos os meses. Houbo un montón de bocadillos e dúas tartas para lamber os dedos. Tíñamos ata xeado, que coma non puidemos comer, quedaron para merendar o luns seguinte, e que bo estaba ca calor que facía...Deixámosvos aquí as fotos para que as disfrutedes.
![]() |
| De la clase de tres cumplían Josué, Xiana, Salma, Teresa, Yael, Adrián, Elena Armas y Elisabeth |
![]() |
| Cumplían 5 añitos Julia, Adrián Caamaño, Luna, Alejandro, Maximino y Adrián Rodríguez. |
![]() |
| Y los grandullones Raquel, Yolanda, Caín, Aroa y Tiago |
![]() |
| Adimtámoslo: todos lo hemos hecho... |
![]() |
| Algúns xa tomaban posiciones cómodamente sentados a carón dos gusanitos... |
![]() |
| Menudo ambientillo... |
martes, 1 de mayo de 2012
SEMANA DO LIBRO
ADIVIÑA ADIVIÑATeño follas sin ser árbore
fáloche sen ter voz
se me abres non me queixo
adiviña quen son.
Este ano foron os profes do primeiro ciclo de primaria os encargados de elaborar as actividades da commemoracion do Día do Libro,ese obxecto que nos enriquece tanto e que lévanos a bucear entre aventuras e historias.
Como primeira actividade, propuxéronnos que os nenos trouxeran a clase os seus contos favoritos.Desta maneira podian explicarnos porque lle gustaban tanto,quen llos agasaira,cales eran as suas personaxes etc.
![]() |
| Pedro e Alex miran xuntos un libro,e abaixo en clase de 5 "escoitando a un compañeiro. |
![]() ![]() |
| Arancha trouxo "¿Cómo se hace el arcoiris? |
![]() | |||||
| Antía (abaixo )e Iria (arriba) fálannos dos seus contos. |
Ademais,por clases fixemos distintos manualidades como marcapáxinas,un bloc de contos eun libro cas poesias aprendidas durante este curso.
![]() |
| Os marcapáxinas de Papeliños en 3 anos |
![]() | |||
| Yeray e Abel moi atentos ás explicacións da profe. |
![]() |
| Vista panorámica dos nenos. |
![]() | ||
| Lucia moi contenta ca actividade. |
domingo, 29 de abril de 2012
ANIVERSARIOS DE ABRIL
Xa a piques de rematar o mes,amosámosvos como foron os cumples de Abril,mes de choivas e choivas,e por certo,moi solicitado para cumplir.Os afortunados foron: Yeray e Sabela de 3 anos(agora catro),Hugo ,Marcos e María Paula de 4 anos (agora cinco) e Martin, Abraham e Sara de 5 anos (agora seis).Tivemos duas baixas, que foron Hugo e Marcos.Coma sempre,pasámolo moi ben.Desfrutamos da tarta de Pocoyo e de bocatas e lambonadas varias.Rematamos a festa coa peli de Toy Story 2, da cal nos quedou un anaco por ver.Aqui tendes fotos da celebración.PARABENS¡¡

![]()
| ||
![]() |
| Qué bonita é a amizade¡ |

![]() |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










































