Este é o noso recuncho. Un lugar onde amosar parte das actividades que realizamos nas nosas aulas, onde proporcionar outra visión da nosa realidade e onde pretendemos proporcionarvos recursos interesantes para os pequenos. Un recuncho para todos os que nos queiran visitar. ¡Benvidos!
lunes, 11 de enero de 2021
Festa de Nadal
Que guapos estaban estes nenos e nenas. E que nervios tiñan coa chegada de Papá Noel ao centro, foi moi emocionante.
viernes, 27 de noviembre de 2020
25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA LA VIOLENCIA DE XÉNERO
domingo, 15 de noviembre de 2020
Magosto
Co curso tan distinto que estamos tendo este ano pondemos ir ó monte a celebrar o Magosto perp dende a clase de 5 anos os leonciños estivemos realizando distintas actividades relacionadas co froito típico de esta época e as follas do outono.
Na aula de 3 anos fixemos unha fermosa castaña.
miércoles, 11 de noviembre de 2020
Samaín (4 anos)
A pesar de non poder celebrar este día coma outros anos, os nenos e nenas da clase de 4 anos festexaron na aula a súa particular festa de Samaín/Halloween. Pintaron un esqueleto con témpera fosforescente, debuxaron a cara dunha bruxa, escoitaron o conto "Corre, corre cabaciña", decoraron a clase, bailaron, etc.
![]() |
| Cos esqueletos colgados a secar |
![]() |
| Xogando no patio |
Feliz Samaín!!
sábado, 31 de octubre de 2020
Un Samaín diferente
Este venres día 30 de outubro, aproveitando a proximidade da festividade do Samaín galego (o Halloween dos países de fala inglesa) quixemos celebrar a data dun xeito especial e diferente, adaptándonos aos novos protocolos anti-Covid.
Que non podemos facer murais en papel?...non importa, é ben divertido pintar as ventás con motivos desta festividade, e qué ben o pasamos facéndoo,! Aínda que este grupo é tan responsable que lles tiven que insistir de que podíamos facelo (coa promesa de que a profe limparía os cristais) porque o seu primeiro pensamento foi que lle iamos dar máis traballo ao persoal de limpeza. Para comelos a bicos!😍
![]() |
| Alumnado de 5 anos decorando os cristais das xanelas |
domingo, 25 de octubre de 2020
Cómo maduramos!
.




























































