miércoles, 25 de enero de 2012

Aprendemos sobre o corpo

      Os nenos da clase de 3 anos estamos a levar a cabo un proxecto do corpo, polo que moitas das actividades que realizamos xiran ao redor deste tema. Ditas actividades son moi variadas e xa vos iremos poñendo de vez en cando algunhas delas. Se tedes algún conto, xogo ou material interesante sobre o tema que querades compartir con nós non dubidedes en falar conmigo. De momento, deixámosvos aquí unha pequena mostra dalgunhas das cousas que fixemos...
      Pensamos entre todos como escribir o nome dunha determinada parte do corpo ao mesmo tempo que falamos sobre ela (para que serve, cantas temos...) e despois intentan escribir eles a palabra debaixo.

      Traballamos os grandes segmentos corporais (tronco, cabeza e brazos) a través dunha personaxe peculiar, dando pe tamén á chegada do inverno e a importancia dunha vestimenta adecuada. Neste caso as pernas trabállanse por omisión, e decir, falamos do motivo polo que Copo non ten pernas; xa que é un boneco de neve. Ademáis, Copo e un traste e de cando en vez "aparece" mal montado e temos que volver a colocalo ben (xa que ten velcro...). ¿A que se adicará este boneco cando non estamos no cole?

     
      Descubrimos a importancia de manterse sáns e de acudir ao médico sen medos. Para iso a mestra "pediulle prestado a un médico" un maletín con instrumentos para curar aos nosos amigos e aos nosos bonecos. Mentres averiguamos e falamos para que serven estos instrumentos, socializámonos e xogamos xuntos...




     E outras tantas nas que a mestra despistase ou non pode coller a cámara... pero en fin pouco a pouco engadireivos máis xa que están moi motivados para seguir traballando sobre este tema; e aínda nos quedan actividades moi interesantes e moitas máis cousas que aprender.

Traballando na horta

    Hoxe tocounos "limpar" a pranta de amorodos que temos. Esto quere dicer que tivemos que sacarlle as malas herbas e as ramiñas secas para que a pranta poida adicar toda a súa enerxía as novas follas e as fresas. A verdade e que a pobre tiña mal aspecto....

Pobriña... daba mágoa.
Asi pois puxémonos a traballar para deixala ben coidadiña. Cando rematamos regámola ben con auga para que se recuperase e contamos as fresas que nos vai dar  na próxima colleita. Sabedes cómo poidemos sabelo, pois polo número de flores...cada unha das flores convertirase en amorodos; e imos ter nada máis e nada menos que 13 amorodos. ¡Xa se nos fai a boca auga!.
Limpando a nosa prantiña

Unha boa ración de auga
Asi foi como quedou cando rematamos
e poidedes ver todo o que lle quitamos



sábado, 31 de diciembre de 2011

Preparando a escenografía

Este ano, pola festa de Nadal, os nenos de infantil preparamos unha obra de teatro, e a os nenos de 4 anos encargáronnos a elaboración dos escenarios e do atrezzo necesario para a obra, estivemos moi atarefados preparando todo para o día da festa. Aquí os deixamos algunhas fotos para que vos fagades unha idea...





Todos xuntos creamos...¡O trono para Papá Noel!

Os nenos da clase de tres anos estivemos moi atarefados neste mes, posto que recibimos un encargo moi especial. Construir un trono nin máis nin menos que para Papá Noel, que viría a visitarnos o día da festa. ¡Non sabedes a ilusión que nos fixo!. Total, puxémonos a traballar todos xuntos.
Primeiro pintamos a estructura, despois os adornos, ata lle puxemos un respaldo moi brandiño de algodón... e ao final quedounos un trono moi xeitosiño.








Tan ben nos quedou que Papá Noel viu ata a nosa clase a darnos unhas chuches de premio. Sen embargo estabamos tan contentos e nos movíamos tanto que non temos moitas "probas gráficas" deste momento, mais si que os podemos ensinar as chuches que trouxo, souberon a gloria...



 







viernes, 30 de diciembre de 2011

A ARBORIÑA DE VILAFONTE

Este é un documento insólito onde podemos ver aos actores entre bambalinas e afinando a voz.Son os ensaios da obra que interpretamos na festa do Nadal.





NADAL NO COLE

Estabamos todos moi nerviosos pola chegada do Nadal.Estivemos decorando as clases,os corredoiros...e preparando unha actuación;un conto de Nadal que levaba por título "A arboriña de Vilafonte".Os nenos de catro anos encargáronse dos decorados e os de cinco da música e da interpretación.Os pequeniños de tres, foron os afortunados que lle prepararon o trono ao esperado Papa Noel.
E por fin chegou o día, o dia que tamen dabamos as vacacións.Sobre as dez da mañá se anunciaba a chegada de Papa Noel.Non podiamos cos nervios¡¡Tanto preguntar por él,que cando por fin chegou,tiñamos todos unha vergoña..mirade, mirade as fotos.



lunes, 26 de diciembre de 2011

E REMATAN OS CUMPRES..... POR ESTE ANO¡

Pois estes son os cumpres do mes de Decembro.Os afortunados son Nadia, Dani e Antía.Esta vez os celebramos na clase de catro porque tiñamos a outra ocupada cos decorados do Nadal.Pasamolo en grande, coma sempre.A tarta estaba "delicious" e gustaronnos moito os vasos que nos trouxeron.
Velaquí tendes as fotos.FELICIDADES RAPACES¡¡





miércoles, 30 de noviembre de 2011

¡Feliz Cumpreanos!

Aqui estamos de novo celebrando os cumpreanos do mes. Esta vez cumpriron anos Roberto, Pedro, Nayeli, Xoel e Arturo. Sen esquecernos de Abel que ese día estaba malito e non puido vir. ¡Felicidades a todos!. A troula coma sempre...enchémonos de patatillas, bocadillos, gusanitos...pero aínda tíñamos sitio para as dúas tartas que nos comimos. E mamás e papás xa sabedes que hai un refran que di... "non comer por haber comido..."
Deixámosvos aqui as fotos e o video da canción para que as disfrutedes.
Os homenaxeados: Roberto, Pedro, Nayeli, Xoel e Arturo.

Menuda merendola...




Debían estar boas, porque non quedou nin a sombra.



Habíanos que aínda querían máis...