Este é o noso recuncho. Un lugar onde amosar parte das actividades que realizamos nas nosas aulas, onde proporcionar outra visión da nosa realidade e onde pretendemos proporcionarvos recursos interesantes para os pequenos. Un recuncho para todos os que nos queiran visitar. ¡Benvidos!
Este mes tivemos moitos leonciños de cumpreanos, celebrámolo o último día do mes e de paso despedimos o segundo trimestre, que nos levamos unha carpeta chea de aprendizaxes. Esperamos que disfrutedes das vacacións para volver con forzas.
Os homenaxeados Álvaro, Brunella e Ariana, da clase dos máis pequenos.
Inés da clase de catro anos.
Elena, outra das homenaxeadas.
Na nosa festa comendo os bocatas, as patatilla e os gusanitos ¡Púxemonos as botas!
E soplando as velas da nosas tarta de Osito Pardo.
Dende a escola pretendemos perseguir o cambio de hábitos no consumo de froitas e verduras xa que todos os estudos sobre a alimentación infantil din que consumen cantidades moi por debaixo do que do aconsellable. Por iso nesta entrada do blog queremos resaltar a importancia das frutas. Dende educación infantil intentamos que as merendas durante toda a semana sexan variadas e saludables.
Os deixamos unhas adiviñas para xogar cos vosos nenos.
A clase de 3 anos elaboran un froiteiro. ¡COMEMOS MOITA FROITA!
1º Pintamos as nosas froitas: mazás e plátanos.
2º Cortamos papeliños para confeccionar o froiteiro.
O Día Internacional da Muller Traballadora conmemora a loita da muller pola súa participación o pe da igualdades cos homes na sociedade e no desenrolo como persoa. Celébrase dito día porque o 8 de marzo de 1908 unhas traballadora dunha fábrica de textil de New York declaráronse en folga na ortesta polas condicións insoportables de traballo. O dono non aceptou a folga e as obreiras ocuparon a fábrica. O dono pechou as portas e predeu fogo onde morreron abrasadas más de 129 traballadoras que había dentro.
Os leonciños e leonciñas queremos celebrar este día cunha flor feita polos mais pequenos e adicarllo a todas a mulleres que traballan tanto dentro como fóra da casa.
Este venres celebramos os cumpreanos de Adrián da clase de 3 anos, Noa e Xacobe da clase de 4 anos, Alejandro e Gabriela da clase de 5 anos. Comemos unha riquísima tarta de galletas, patatillas, gusanitos...mmmm! Todo estaba boísimo. ¡Moitas Felicidades!
Adrián o homenaxeado da clase de 3 anos.
Xacobe e Noa os homenaxeados da clase de 4 anos.
Gabriela e Alejandro homenaxeados da clase de 5 anos.