lunes, 2 de marzo de 2020

A Idade Media na aula de 5 anos

.
Neste segundo trimestre estivemos a traballar a Idade Media.  

Primeiro pintamos a nosa porta e máis a entrada á clase e fixemos o noso castelo.









Tamén traballamos moito facendo vidrieiras. A profe Elena deixounos unha mesa de luz e oa rapaces e rapazas pasáronno moi ben.












Tamén fixemos os nosos helmos para ser cabaleiros e cabaleiras.













domingo, 1 de marzo de 2020

Os faraóns de Exipto

Pasou o Entroido, pero na clase de catro anos quedamos con ganas de gozar máis del. Por iso aproveitamos os dous días da volta da ponte para xuntalo co noso proxecto da clase, e pasar un bo rato.

Despois de traballar descubrindo as marabillas de Exipto e da súa cultura antiga, por fin chegou o momento de unir as creacións artísticas que con tanto agarimo fomos facendo na clase (brazaletes, colares, e coroas) para amosar as nosas mellores galas como verdadeiras réplicas dos faraóns exipcios.

Disfrazámonos e pasamos un bo rato bailando como os antigos exipcios.

Mirade que ledos estaban estes pequenos faraóns e faraonas gozando dunha viaxe polo Nilo que eles mesmos crearon.












Tan só quedounos pendente colgar ao cinto un dos amuletos máis populares desta época da historia: o ankh, que tiñamos na nosa exposición e que quedaran así de ben...


Xa vedes que estes pequenos son uns artistas e non hai reto que non superen con creces.
Estade atentos que comezamos novo proxecto e xa vos iremos contando!

Celebramos o Entroido

Este ano o tema asignado ao Entroido do cole: "Lendas galegas" unía a cultura galega e a fantasía.
Entre as diferentes lendas e personaxes existentes na nosa tradición, aos tres cursos de Educación Infantil tocounos traballar as fadas dos elementos da natureza (Terra, Auga, e Vento ): seres que protexen e procuran o benestar da natureza. Estos seres máxicos, resultan invisibles para os nosos ollos, teñen aparencia humana. Mimetízanse coa natureza e a protexen de calquer acto de violencia.
Con este fío motivador e condutor, cada grupo elaborou uns disfraces relacionados coa temática. Así os leonciños da clase de tres anos foron disfrazados dos guardiáns do vento, os de catro de guardiáns da terra e os bosques, e os de cinco anos de guardiáns da auga.
Todos estaban encantados cos seus disfraces, e moi metidos no papel de "fadas e guardians protectores da natureza" .

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos instantes previos ao desfile e do mesmo. 




 Os leonciños da clase de tres anos disfrazados de guardiáns do vento




Asamblea dos guardians da terra e dos bosques da clase de catro anos.










Alumnado de educación infantil durante o desfile de Entroido

Aproveitamos a ocasión para dar as máis cálidas grazas a todas aquelas familias que puideron acompañarnos, e coas que celebramos o desfile de entroido, a Mónica e ao alumnado da ESO pola súa inestimable axuda e compaña durante o percorrido polas rúas do barrio.