Os leonciños quixemos reivindicar o 8 de Marzo dunha forma moi orixinal. Facendo uns marcapáxinas que tuvimos que buscar entre o color 💜 .
Os Leonciños
Este é o noso recuncho. Un lugar onde amosar parte das actividades que realizamos nas nosas aulas, onde proporcionar outra visión da nosa realidade e onde pretendemos proporcionarvos recursos interesantes para os pequenos. Un recuncho para todos os que nos queiran visitar. ¡Benvidos!
miércoles, 11 de marzo de 2026
8 MARZO DA INTERNACIONAL DA MULLER
domingo, 15 de febrero de 2026
SEMANA DO ENTROIDO
Xa pasou a semana do Entroido e seguimos lembrando o ben que o pasamos cumprindo as ordes do Meco. Foi unha semana chea de risas e de roupa para ir á piscina. A continuación amosamos as fotos destes días tan especiais para revivir cada momento.
E o venres, aínda que a chuvia non nos deixou ir de comparsa, tivemos unha xornada moi divertida. Grazas a unha mamá merendamos unhas deliciosas filloas, fixemos o xogo das cadeiras, fomos en comparsa polo colexio e rematamos con música por todo o alto e moitos globos de cores.
A continuación amosamos as fotos destes días tan especiais para revivir cada momento 🙂
As filloas que nos fixo unha nai....estaban boísinas.






















































