Xa pasou a semana do Entroido e seguimos lembrando o ben que o pasamos cumprindo as ordes do Meco. Foi unha semana chea de risas e de roupa para ir á piscina. A continuación amosamos as fotos destes días tan especiais para revivir cada momento.
E o venres, aínda que a chuvia non nos deixou ir de comparsa, tivemos unha xornada moi divertida. Grazas a unha mamá merendamos unhas deliciosas filloas, fixemos o xogo das cadeiras, fomos en comparsa polo colexio e rematamos con música por todo o alto e moitos globos de cores.
A continuación amosamos as fotos destes días tan especiais para revivir cada momento 🙂
As filloas que nos fixo unha nai....estaban boísinas.































No hay comentarios:
Publicar un comentario