miércoles, 30 de noviembre de 2011

Creamos xuntos ... ¡un racimo de uvas!

     Os nenos da clase de tres anos estamos a decatárnos de que traballando xuntos podemos facer moitas cousas que doutro xeito serían moi complicadas. Con este tipo de actividades aprendemos a traballar en equipo, a compartir e a esforzarnos para perseguir un obxectivo común. Desta maneira elaboramos un bonito racimo de uvas. Velaquí o proceso que seguimos.
    Primeiro cada un de nós pintou o mellor que puido a súa uva. Todos esforzámosnos moito por que quedasen ben cheas de color. A mestra tamén colaborou pintando o rabiño e a folla.
 

     Despois pegámoslle un pequeno circulo para que parecese o brillo que teñen as uvas.
     Deste xeito cada un de nós tiña unha uva coma esta para poñer no racimo.

Pouco a pouco e con paciencia poñíamolas no racimo e conforme remataban os nenos o noso racimo enchíase de ricas uvas.

 E aquí esta o resultado do noso traballo. Nos pensamos que nos quedou moi bonito. ¿Vos que pensades?


No hay comentarios:

Publicar un comentario