viernes, 25 de enero de 2013

Preparando o día da Paz

                         
O 30 de xaneiro celebraremos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Esta xornada celébrase dende 1964 e está recoñecida pola ONU dende 1993. Nesta data conmemórase a morte de MAHATMA GHANDI, líder nacional e espiritual da India, asasinado en 1948.
O lema deste día é: Amor universal, Non violencia e Paz.  O Amor universal é mellor có egoísmo, a Non violencia é mellor cá violencia e a Paz é mellor cá guerra.

Os leonciños e leonciñas estámonos  a preparar para este día.Aí vai un adianto.


O noso obxectivo.

Mans na pintura.
E máis mans na pintura.

E aquí están os artistas.

Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas... pode cambiar o mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario