domingo, 19 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.

Este ano adícase a ROBERTO VIDAL BOLAÑO



Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente, participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.

Deden o Colexio quixemos celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS o longo de toda a semana, vendo distintas obras de teatro representadas polos nosos compañeiros de primaria e secundaria como;"Puchiño Vermello" ou "O Hipopótamo Zambudio".Pintando o mural de Animaliños correspondendo a unha das súas obras de teatro.


FACENDO O CARTEL


 
CARTEL PINTADO POR EDUCACIÓN INFANTIL





O DÍA QUE FOMOS A VER ESTA OBRA INTERPRETADA POR 2º PRIMARIA.





No hay comentarios:

Publicar un comentario