viernes, 19 de octubre de 2018

¿QUE FAI FALTA?

Para ter unha mesa fai falta madeira,

para ter madeira fai falta a árbore,

para ter a árbore...

 
 
 
 
 
Este foi outro dos contos cos que estivemos a traballar cos nosos leonciños esta semana.O relato segue unha sucesión lóxica e escalonada sobre a orixe dun obxecto cotiá, que culmina no máis fondo e, a vez, fermoso da natureza: para lograr algo moi grande, ás veces basta con mínimo.

  
Atendendo o conto moi sinxelo pero moi divertido.
 

 
E aproveitando a temática da madeira decidimos facer unha árbore.
 
A profe Ana tróuxonos uns paos e as follas para tocar e xogar con elas.
 





 
 
Debuxando e pintando a arbore cos paos, cos dedos e finalmente con pincel.
 







 
Tamén pegámoslle follas secas e os palos.
 


 
Este foi o resultado.
 
 
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario