miércoles, 15 de abril de 2020

Periodo de confinamento. Clase de 4 anos

Para manter o espíritu de equipo que tiñamos na clase, aínda que sexa na distancia, vos propoño que fagades fotos do que ides facendo na casa para colgalas neste blog e así poder seguir "traballando xuntos" de algunha maneira, e mirando o ben que o facedes todo.

Aquí vos deixo algunhas fotos do moito que está a traballar Soufian na casa coa súa familia, para que vos animedes!


Soufian facendo plastilina caseira

Como as veces non temos plasti na casa, Soufian e a súa familia puxéron mans á obra para facela seguindo a receita que facilitamos nas tarefas da web.
Imposible non manchar un pouco, pero como ben dixo a súa nai, por estes pequenos paga todo a pena! E sempre podemos animalos a recoller igual que fan na clase!






Mirade que ben o pasaron! Incluso déronlle cor á plastilina e empregaron moldes da casa para facer formas. E o boneco quedoute xenial Soufian!! Ata ten o teu gran sorriso!

Boneco de plastilina caseira

Estes días tamén traballaron as letras cos mandalas para colorear. Mirade que bonitos quedaron!


E como Soufian é un artista, e encántalle crear cousas e facer actividades plásticas, inventaron estas divertidas marionetas! Aquí vos deixo as imaxes:




Ryan tamén está a traballar con ganas na casa. Mirade que cousas tan chulas fai!

 Traballos de Ryan 

E segue a mellorar cada vez máis a súa motricidade fina con actividades como o recorte con tixeiras, tal como nos ensina na seguinte imaxe.

Ryan recortando

Xa vedes que estes días o mellor e poñer ao mal tempo boa cara, e tentar desfrutar coas pequenas cousas que nos rodean, sobre todo coa familia, o maior tesouro que temos!

Moito ánimo a todos e seguide así! Espero as vosas fotos para compartilas e vernos de novo na distancia!

Espero poder vernos pronto. Unha aperta enorme!

1 comentario: