lunes, 11 de mayo de 2020

TRABALLANDO NA CASA: CLASE DE 3 ANOS




Ola a todos e todas!
Como aínda non podemos vernos no cole, vos animo a seguir compartindo fotos e videos do que facedes na casa. De esta maneira nos sentiremos máis cerca hasta que podamos xuntarnos de novo.


ÁLEX esta semana facendo as propostas que cada luns colgamos na páxina web do cole.


Amosando o weather watcher que propuso a teacher Laura!

Xogando na tablet cos conceptos básicos.

E como hai tempo para todo, Álex tamén é pintor de brocha gorda!!


Así me gusta Álex, que ben o fas!! E ademáis coa canción da Gallina Turuleca👏👏👏


 Unha das propostas desta semana era elaborar os nosos propios instrumentos musicais con materiais de reciclaxe e Álex así o fixo. Creou unhas maracas, un pau de choiva e unha frauta de pan. As maracas foron o seu intrumento favorito!!

As maracas

Frauta de pan

Pau de choiva

Moitos bicos para todos!!

Álex realizando as fichas de liveworksheets.


E como a mellor maneira de aprender é xogando, practica as letras con pezas de lego.

 

E constrúe o seu nome cos bloques.

Que divertido é traballar así!!

Ana animouse a mandarnos a súa "Árbore da familia" que foi a proposta que fixemos para celebrar o "Día da Familia"


Que bonito recordo, encántame!!

 Álex realizou unha actividade na que traballou un montón de cousas (motricidade fina, coordinación óculo-manual, figuras xeométricas, números, letras...), combinando varias das actividades propostas para esta semana.

Cosendo con corda as figuras feitas con goma eva
Pintando con bastoncillos letras e números nas caras das figuras

Xenial Álex, moi boa idea!!!👌

Facendo grafo e o seu nome

Facendo fichas de liveworksheets

Esta semana os nenos e nenas puideron recoller no cole os libros e o material que quedou sin facer ao comezar esta pandemia. Seguro que a todos fíxolles moita ilusión ver de novo os seus libros e poder facelos aínda que sexa na casa. Para eles é como volver un pouco máis a normalidade. Pouco a pouco o conseguiremos!!


Álex xogando cos animais da granxa para dedos 

Desfrutando da coroa de cumpreanos que non puido facer no seu día😃



Que fondo do mar máis chulo con cangrexos e peixes feitos con cunchas!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario