miércoles, 1 de diciembre de 2021

Welcome Fred!

Hello!

Hoxe na clase de 5 anos tivemos unha visita moi especial... coa chegada do mes de decembro temos un novo integrante na aula...

Presentámosvos a Fred!

 


Fred é un elfo que Santa enviou especialmente o noso cole e que soamente fala inglés! Cada noite, cos seus magic powers, viaxa ata o Polo Norte e informa a Santa de cómo se portaron os nenos e nenas ese día. 

A súa volta, este elfo fedello, fará algunha simpática trastada que iremos amosando máis adiante ;)


Polo de hoxe, os nenos e nenas de cinco anos, coñeceron a Fred e a súa historia e colorearon uns debuxos que chegaron especialmente dende o North Pole ata o despacho de Bárbara.

























E por último, aquí temos unhas fotos dos nosos maiores de infantil amosando os seus debuxos a Fred.















Seguiremos informando das novas trastadas próximamente...


Lots of love xx

Teacher Ainoa





No hay comentarios:

Publicar un comentario