Este é o noso recuncho. Un lugar onde amosar parte das actividades que realizamos nas nosas aulas, onde proporcionar outra visión da nosa realidade e onde pretendemos proporcionarvos recursos interesantes para os pequenos. Un recuncho para todos os que nos queiran visitar. ¡Benvidos!

viernes, 30 de mayo de 2025
domingo, 18 de mayo de 2025
LETRAS GALEGAS
Festa das Letras Galegas 2025 – Homenaxe ás Cantareiras
Este ano, na celebración das Letras Galegas, quixemos render homenaxe ás nosas cantareiras, mulleres que conservaron e transmitiron a nosa cultura a través da música e da tradición oral. No patio do colexio, xuntámonos Infantil, Primaria e Secundaria nunha xornada chea de emoción e música.
Cada etapa preparou fermosas cancións que encheron o espazo de voces, alegría e orgullo pola nosa lingua. Foi unha festa para lembrar, celebrando o noso patrimonio e a forza da tradición galega!