Festa das Letras Galegas 2025 – Homenaxe ás Cantareiras
Este ano, na celebración das Letras Galegas, quixemos render homenaxe ás nosas cantareiras, mulleres que conservaron e transmitiron a nosa cultura a través da música e da tradición oral. No patio do colexio, xuntámonos Infantil, Primaria e Secundaria nunha xornada chea de emoción e música.
Cada etapa preparou fermosas cancións que encheron o espazo de voces, alegría e orgullo pola nosa lingua. Foi unha festa para lembrar, celebrando o noso patrimonio e a forza da tradición galega!
No hay comentarios:
Publicar un comentario