sábado, 7 de diciembre de 2019

Celebramos o Magosto

Novembro é o mes do Magosto, e para celebrar esta festa tradicional da cultura popular galega, en Educación Infantil fixemos diversas actividades que tiñan á castaña como protagonista.
Entre todos elaboramos un divertido mural dedicado á castaña, que expuxemos xunto ao dos nosos compañeiros de Educación Primaria. 
O alumnado de tres anos fixo unha simpática castaña con anacos de papel marrón e gomets amarelos, o de catro anos unha castaña sensorial con plastilina e materiais da natureza, e os de cinco anos outra con papel charón marrón. Quedou así de ben!

Alumnado de 3 anos co froito do traballo en equipo

Alumnado de 4 anos


Alumnado de 5 anos

E durante o proceso de elaboración aprendemos pasándoo en grande, como podedes comprobar nas seguintes imaxes.




Alumnado de 4 anos durante a elaboración do mural

Tamén fixemos as nosas castañas para encher os nosos cornetes de magosto. Primeiro semellantes as de verdade, e logo con papel e plastilina. Este foi o resultado.
















 E como os nosos compañeiros maiores fixeron uns ourizos empregando diferentes materiais, nos tamén colaboramos aportando un "toque saudable" á exposición de magosto: uns ourizos de pera e uvas do máis apetitosos, dos que gozamos facéndoos e probando en equipo o ricos que quedaron. Velaquí tedes a mostra.






E para a festa, aprendemos e bailamos unha canción de magosto moi pegadiza, coa que aprendemos formas, cores e vocabulario de outono en galego. Aquí vos deixamos o video para que vexades o ben que o pasamos unha mañá, na que tivemos a sorte de compartir un ratiño os nenos e nenas de tres e catro anos.






lunes, 2 de diciembre de 2019

Aniversario de novembro












Mateo foi o homenaxeado na clase de tres anos.

sábado, 30 de noviembre de 2019

UNHA SESIÓN DE AUDICIÓN E LINGUAXE


 


 A especialista en Audición e Linguaxe utiliza diversos xogos e exercicios para estimular a linguaxe dos nenos de 3 anos. Nesta sesión, entre outras cousas, realizaron exercicios de soplo e respiración.
 
 
 
 



Samaín na clase de 3 anos


 

Para celebrar o Samaín, os nenos de tres anos, dando exemplo dunha alimentación saudable, elaboramos unhas "dentaduras terroríficas" feitas de manzana e plátano. Foi unha experiencia moi divertida e apetitosa!







 
 
 
Para seguir pasándolo ben, a teacher pintounos a cara coa temática propia desta festa. Aproveitando que estábamos tan guapos fixemos fotos no photocall da entrada do cole.
 
 


 
Álex foi o gañador do concurso de cabazas
 
 
 

viernes, 29 de noviembre de 2019

Unha sesión de psicomotricidade


Coidamos os dentes

O venres tivemos unha actividade moi interesante. Veu unha chica a falarnos sobre o coidado dos dentes e como actividade fixemos pasta de dentes. Para elo empregamos auga, sal, arcilla branca e aceite esencial de limón.