sábado, 7 de diciembre de 2019

Celebramos o Magosto

Novembro é o mes do Magosto, e para celebrar esta festa tradicional da cultura popular galega, en Educación Infantil fixemos diversas actividades que tiñan á castaña como protagonista.
Entre todos elaboramos un divertido mural dedicado á castaña, que expuxemos xunto ao dos nosos compañeiros de Educación Primaria. 
O alumnado de tres anos fixo unha simpática castaña con anacos de papel marrón e gomets amarelos, o de catro anos unha castaña sensorial con plastilina e materiais da natureza, e os de cinco anos outra con papel charón marrón. Quedou así de ben!

Alumnado de 3 anos co froito do traballo en equipo

Alumnado de 4 anos


Alumnado de 5 anos

E durante o proceso de elaboración aprendemos pasándoo en grande, como podedes comprobar nas seguintes imaxes.




Alumnado de 4 anos durante a elaboración do mural

Tamén fixemos as nosas castañas para encher os nosos cornetes de magosto. Primeiro semellantes as de verdade, e logo con papel e plastilina. Este foi o resultado.
















 E como os nosos compañeiros maiores fixeron uns ourizos empregando diferentes materiais, nos tamén colaboramos aportando un "toque saudable" á exposición de magosto: uns ourizos de pera e uvas do máis apetitosos, dos que gozamos facéndoos e probando en equipo o ricos que quedaron. Velaquí tedes a mostra.






E para a festa, aprendemos e bailamos unha canción de magosto moi pegadiza, coa que aprendemos formas, cores e vocabulario de outono en galego. Aquí vos deixamos o video para que vexades o ben que o pasamos unha mañá, na que tivemos a sorte de compartir un ratiño os nenos e nenas de tres e catro anos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario