domingo, 15 de diciembre de 2019

PEQUENOS ARTESÁNS DO NADAL

O noso alumnado de tres, catro e cinco anos foi este ano o encargado de adornar a árbore de Nadal situado na entrada do colexio. Por iso puxémonos mans a obra e comezamos a elaborar uns adornos ben artesanais.

Os máis pequenos da clase de tres anos fixeron unhas divertidas bolas de Nadal elaboradas con papeliños de cores. Con elas non so traballaron as súas habilidades manipulativas, senón que tamén estimularon os sentidos coas cores, as texturas  e as transparencias. Foi do máis divertido.
Non hai dúas bolas iguais! Estas pequenas mans fixeron brilar a maxia do Nadal nos seus adornos.





Alumnado de tres anos elaborando as bolas de Nadal


O alumnado de tres anos encantado de colgar o seu traballo na árbore de Nadal

Na clase de catro anos, continuando o fío temático do proxecto de cociña que estamos a traballar, elaboramos uns adornos de Nadal con masa de sal. Cada neno e nena encargouse de realizar todo o proceso, dende o amasado da pasta, ata o modelado e posterior decoración con pintura e outros elementos decorativos ao seu gusto. As pezas resultantes son tan rechamantes que dan ganas de comelas!

Primeiro fixemos a masa con fariña, sal e auga.










O resultado da mestura é unha masa semellante á plastilina.







Despois cada un elixiu as formas que máis lle gustaron, e rodete en man, puxémonos a recortar a masa. Aquí tedes a mostra.





Convertemos a clase nun verdadeiro taller cheo de artesáns do máis aplicado, como podedes comprobar a continuación.


Unha vez secas as nosas creacións, chegou o momento de pintalas e decoralas como merecían para engalanar a nosa árbore de Nadal.





Quedaron así de ben!







So quedaba colocalas na árbore para que todos puidésemos gozar das súas creacións artesáns.



E para completar a decoración da árbore, os nosos compañeiros da clase de cinco anos deseñaron unhas estrelas cheas de cor, que elaboraron con limpapipas e boliñas de cores de facer pulseiras. Así traballaron a súa creatividade e a súa habilidade manual.
Quedaron verdadeiramente alegres e rechamantes. E toda a clase encantada foi a colocalas para decorar a nosa árbore.


Alumnado da clase de cinco anos coas suús estrelas decorativas.

O resultado foi unha árbore de Nadal decorada con artesanía e agarimo por todo o alumnado de Educación Infantil, para felicitar as festas a todos, xunto coa creada en conxunto por todos os compañeiros de Educación Primaria.


Árbore de Nadal decorada por Educación Infantil


Árbore de Nadal creada en conxunto por Educación Primaria

Esperamos que vos gustase o resultado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario