viernes, 13 de diciembre de 2019

Matemáticas manipulativas e comestibles!

Na clase de 4 anos continuamos a experimentar cos conceptos matemáticos, das formas máis diversas e divertidas. E o noso alumnado está a aprender sen decatarse mentres o pasa ben, manipulando os diferentes materiais que imos empregando.

Para traballar a secuencia numérica, ademais dos materiais que xa vos presentaramos na entrada da páxina web do cole http://quinonesdeleon.es/matematicas-manipulativas-en-educacion-infantil/, estamos a empregar novos materiais con moi bo resultado. Entre eles os números magnéticos que o noso alumnado ten que poñer en orde.

Todos o fan tan ben que imos ampliando o reto!, e xa non so os ordean, senón que tamén son quen de escribilos e representar en puntiños a cantidade que representan, como podedes comprobar nas seguintes imaxes.





Tamén experimentamos sensorialmente cos números. Empregamos o tacto con números sensoriais que podemos tocar, e que se transforman en estradas para os nosos coches de xoguete. Esta é unha forma divertida de aprender o seu trazado, que practicamos igualmente con cordas de cores e outros materiais. Aquí vos deixamos un exemplo.




E aproveitando o noso proxecto da alimentación saudable coa mascota Roto, traballamos os números cociñando uns deliciosos espetos elaborados con seis froitas de outono diferentes. Deste xeito aprendemos manipulativamente o número seis ao tempo que gozamos cunha alimentación saudable. So tedes que ver a súa cara para comprobar o moito que lles gusta este tipo de actividades.











Alumnado facendo espetos de seis froitas de outono 




Alumnado calculando cantas pezas de froita quedan a medida que van comendo

 O mellor foi que todos probaron as diferentes froitas e mesmo houbo quen descubriu que lle gustaban tanto os espetos que fixeron, que repetiron varias veces!

Como podedes comprobar os números e as operacións matemáticas de engadir e quitar poden ser do máis divertidas e saborosas. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario