Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Matemáticas. Mostrar todas las entradas

viernes, 31 de enero de 2020

XOGANDO COS CONCEPTOS MATEMÁTICOS

Na clase de catro anos seguimos a descubrir e a afondar nos conceptos matemáticos, empregando o xogo e a experimentación como ferramentas de aprendizaxe.

Estivemos a descubrir que os números pódense representar de diferentes formas: coa súa correspondente grafía (1, 2, 3...), cos dedos, con puntiños, con regretas de cores ... E puxémonos máns a obra para practicar todo o que estábamos a ver. Coa axuda do noso dado xigante, pasamos un bo rato tirándoo, contando, e asociando o número cos puntos e a súa representación cos dedos, como podedes comprobar nas seguintes imaxes.








Alumnado de catro anos traballando a representación numérica

Cos xogos de numeración continuamos a descubrir a secuencia numérica.

Traballando por parellas a orde dos números


Estes días tamén repasamos as formas xeométricas, e estivemos a gozar co noso material manipulativo. Mesmo chegamos a facer diagramas de Venn para clasificar as nosas formas en función da forma e a cor. Pasiño a pasiño imos avanzando na nosa competencia matemática, e mirade qué ben o pasamos.







Diagramas de Venn feitos cos xogos de clasificación de formas

Ademáis, dentro do proxecto sobre o antiguo Exipto que estamos a traballar na clase, descubrimos que os antiguos exipcios foron os inventores da balanza, así que para descubrir qué é, e como pesaban con ela, argallamos unha divertida balanza caseira feita cunha percha e unhas bolsas. Pasámolo xenial pesando por quendas diferentes obxectos da clase, para comprobar de qué lado se inclinaba a balanza, e descubrir así cal deles era o máis pesado. Cada alumno ou alumna tiña que facer a súa hipótese antes de poñer en funcionamento a balanza, para supoñer qué pensaban que pesaría máis, e comprobar se era certa ou non coa axuda da balanza.
Velaquí tedes ao noso alumnado durante a experimentación.

 Descubrimos o peso coa balanza







Foi unha experiencia fantástica e un bo xeito de tomar contacto co concepto de peso. Agora todos queren pesar canto temos na clase, encantoulles!

Estade atendos que vos seguiremos informando sobre os nosos progresos no campo matemático e do pensamento científico.

viernes, 13 de diciembre de 2019

Matemáticas manipulativas e comestibles!

Na clase de 4 anos continuamos a experimentar cos conceptos matemáticos, das formas máis diversas e divertidas. E o noso alumnado está a aprender sen decatarse mentres o pasa ben, manipulando os diferentes materiais que imos empregando.

Para traballar a secuencia numérica, ademais dos materiais que xa vos presentaramos na entrada da páxina web do cole http://quinonesdeleon.es/matematicas-manipulativas-en-educacion-infantil/, estamos a empregar novos materiais con moi bo resultado. Entre eles os números magnéticos que o noso alumnado ten que poñer en orde.

Todos o fan tan ben que imos ampliando o reto!, e xa non so os ordean, senón que tamén son quen de escribilos e representar en puntiños a cantidade que representan, como podedes comprobar nas seguintes imaxes.





Tamén experimentamos sensorialmente cos números. Empregamos o tacto con números sensoriais que podemos tocar, e que se transforman en estradas para os nosos coches de xoguete. Esta é unha forma divertida de aprender o seu trazado, que practicamos igualmente con cordas de cores e outros materiais. Aquí vos deixamos un exemplo.




E aproveitando o noso proxecto da alimentación saudable coa mascota Roto, traballamos os números cociñando uns deliciosos espetos elaborados con seis froitas de outono diferentes. Deste xeito aprendemos manipulativamente o número seis ao tempo que gozamos cunha alimentación saudable. So tedes que ver a súa cara para comprobar o moito que lles gusta este tipo de actividades.











Alumnado facendo espetos de seis froitas de outono 




Alumnado calculando cantas pezas de froita quedan a medida que van comendo

 O mellor foi que todos probaron as diferentes froitas e mesmo houbo quen descubriu que lle gustaban tanto os espetos que fixeron, que repetiron varias veces!

Como podedes comprobar os números e as operacións matemáticas de engadir e quitar poden ser do máis divertidas e saborosas.