Estivemos a descubrir que os números pódense representar de diferentes formas: coa súa correspondente grafía (1, 2, 3...), cos dedos, con puntiños, con regretas de cores ... E puxémonos máns a obra para practicar todo o que estábamos a ver. Coa axuda do noso dado xigante, pasamos un bo rato tirándoo, contando, e asociando o número cos puntos e a súa representación cos dedos, como podedes comprobar nas seguintes imaxes.
Alumnado de catro anos traballando a representación numérica
Cos xogos de numeración continuamos a descubrir a secuencia numérica.
Traballando por parellas a orde dos números
Estes días tamén repasamos as formas xeométricas, e estivemos a gozar co noso material manipulativo. Mesmo chegamos a facer diagramas de Venn para clasificar as nosas formas en función da forma e a cor. Pasiño a pasiño imos avanzando na nosa competencia matemática, e mirade qué ben o pasamos.
Diagramas de Venn feitos cos xogos de clasificación de formas
Ademáis, dentro do proxecto sobre o antiguo Exipto que estamos a traballar na clase, descubrimos que os antiguos exipcios foron os inventores da balanza, así que para descubrir qué é, e como pesaban con ela, argallamos unha divertida balanza caseira feita cunha percha e unhas bolsas. Pasámolo xenial pesando por quendas diferentes obxectos da clase, para comprobar de qué lado se inclinaba a balanza, e descubrir así cal deles era o máis pesado. Cada alumno ou alumna tiña que facer a súa hipótese antes de poñer en funcionamento a balanza, para supoñer qué pensaban que pesaría máis, e comprobar se era certa ou non coa axuda da balanza.
Velaquí tedes ao noso alumnado durante a experimentación.
Descubrimos o peso coa balanza
Foi unha experiencia fantástica e un bo xeito de tomar contacto co concepto de peso. Agora todos queren pesar canto temos na clase, encantoulles!
Estade atendos que vos seguiremos informando sobre os nosos progresos no campo matemático e do pensamento científico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario