miércoles, 11 de diciembre de 2019

Minichefs Quiñones: preparando un menú saudable

No marco do proxecto de alimentación que estamos a desenvolver na clase de catro anos, pasamos da teoría á práctica, e puxémonos a cociñar! Coa axuda do noso receitario, eliximos unhas receitas ben saudables e sinxelas de elaborar, para traballar cociñando en equipo.
De primeiro prato escollemos unha rica e saborosa “Ensalada de flores”, feita con produtos da horta variados: tomates, espárragos, millo e espinacas.
Despois de lavar ben as mans e todas as verduras, comezamos a falar dos ingredientes da receita e do proceso de elaboración, que fomos seguindo paso a paso como podedes comprobar nas seguintes imaxes.



Tomade boa nota porque a receita paga a pena!
  1. Lavar ben as verduras e hortalizas


2. Cortar os tomates en cuarteiróns, e ir colocándoos como se fosen os pétalos dunha flor.





3. Colocar no medio dos cuarteiróns de tomate uns grans de millo.


4. Colocar un espárrago a modo de talo da flor, e unhas espinacas limpas facendo as veces de follas.





5. Aliñar ao gusto, e a gozar desta saudable e divertida ensalada que poden cociñar os máis pequenos sen dificultade algunha.





Todos quedamos encantados coa experiencia de cociñar, e co resultado obtido.
De todo o que aprendemos, unha das cousas máis importantes foi comprobar que unha alimentación saudable non ten por que ser aburrida.
Volveremos a cociñar seguro, estade atentos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario